Blogia
En el río pasan ahogados todos los espejos del pasado

Audiciones para mis alumnos de 3º ESO, 2ª evaluación

Audiciones para mis alumnos de 3º ESO, 2ª evaluación

BARROCO

19.- "Tu se morta", Claudio Monteverdi, aria da ópera "Orfeo y Eurídirice". (fotoc. pax.92)

20.- "When I am laid", Purcell, aria da ópera "Dido e Eneas". (fotoc. páx.97)

21.- "Lascia ch´io pianga", Haendel, aria para contratenor (castrati).

22.- "Agitata da due venti", aria virtuosa da ópera "La Griselda", Vivaldi.

23.- "Ich will hier bei dir stehen", Bach, coral da "Paixón segundo San Mateo" (fotoc. pax.98)

24.- "1º mov. do Inverno", Vivaldi, concerto solista para violín e cordas. (fotoc. páxs.104)

25.- "1º mov. do Concerto de Brandenburgo nº 3", Bach, concerto policoral.

26.- "Toccata e fuga en re menor", Bach.

27.- "Música para os reais fogos de artificio", Haendel.

28.- "Passacaglia", da "Suite en sol menor", Haendel.

29.- "Preludio" da "1ª Suite en Sol Maior", Bach.

La información que debéis relacionar con cada audición es la siguiente:

 

IES Xesús Taboada Chivite - Departamento de Música - Curso 2011-2012

 

AUDICIÓNS DO BARROCO

Audición nº 1

 

“Tu se morta", Claudio Monteverdi, aria da ópera "Orfeo y Eurídirice". (fotoc. pax.92)

 

Claudio Monteverdi fixo esta ópera, que supuxo o avance máis destacado na historia do xénero, e pode considerarse con xustiza a primeira ópera completa da historia.

Trátase dunha aria para barítono e acompañamento (nesta audición acompáñao o órgano). Hai quen utiliza un tenor abaritonado para representar o protagonista, como Jordi Savall por ejemplo.

Pertence ó 2º acto, no momento en que Orfeo recibe a noticia da morte de Eurídice e decide descender ós Infernos para recupérala.

Destacan os cromatismos melódicos, as fortes disonancias e a expresividade da melodía, que logra transmitir as emocións que padece o protagonista.

 

Audición nº 2

 

"When I am laid", Purcell, aria da ópera "Dido e Eneas". (fotoc. páx.97)

 

Henry Purcell compuxo esta ópera de cámara para unhas rapaciñas internas nun orfanato. Conta a historia de amor entre Dido e Eneas.

Trátase dunha aria para soprano e continuo.  O continuo repite cíclicamente as mesmas notas, nunha escala cromática descendente sobre a que se constrúe a melodía, cunha sinxeleza enganosa.

Para moitos críticos, esta é a mellor aria de tódolos tempos.

Sucede no momento no que Dido descobre que Eneas abandonouna, e decide suicidarse. 

 

Audición nº 3

 

"Lascia ch´io pianga", Haendel, aria para contratenor (castrati).

 

Haendel compuxo a ópera Rinaldo, e esta aria é unha das máis coñecidas na historia da ópera.

É unha aria lastimeira, na que o protagonista se laia polo seu destino. Composta para castrati (contratenor), a miúdo as sopranos e mezzosopranos interprétana.

Ten forma ternaria, é o que se chama aria da capo, e ten unha primeira sección (A), unha sección contrastante (B) e retoma a sección inicial para facer variacións sobre elas (B´).

 

Audición nº 4

 

"Agitata da due venti", aria virtuosa da ópera "La Griselda", Vivaldi.

 

Vivaldi compuxo a súa ópera Griselda, e nela destaca esta complexísima aria.

Plantexa unha dificilísima melodía chea de efectos relacionados co estilo concitato do Barroco, pretendendo transmitir contidos musicais a través de efectos sonoros tales como a repetición de sons, a utilización de trémolos, escalas, arpegios, etc.

Hai varias características do Barroco que se aprecian nesta interpretación: por unha banda, o efecto de eco, mediante o cal a repetición dunha mesma frase musical primeiro forte e logo piano xera unha sensación de eco moi do gusto da época, na súa habitual dinámica de terrazas.

Escrita para mezzosoprano, cordas e continuo. Ten tamén unha estrutura de aria da capo, con tres seccións (ABA´).

 

Audición nº 5

 

"Ich will hier bei dir stehen", Bach, coral da "Paixón segundo San Mateo" (fotoc. pax.98)

 

Bach compuxo a súa famosísima Paixón segundo San Mateo, no seo da música cristiana protestante, e un dos seus corais máis coñecidos é este: significa “Quero quedarme xunto a ti”.

Escrito para coro mixto (soprano, contralto, tenor e baixo), planteas unha sinxela melodía, apta para que toda a comunidade a cantase (práctica habitual nas celebracións protestantes).

Toda unha orquesta acompaña ó coro, dando unha maxestuosidade enorme á obra.

 

Audición nº 6

 

"1º mov. do Inverno", Vivaldi, concerto solista para violín e cordas. (fotoc. páxs.104)

 

Vivaldi compuxo as súas famosísimas Catro estacións seguindo o modelo típico do concerto solista: estrutura tripartita, con tres movementos, alternando a velocidade (rápido-lento-rápido), e no caso concreto de Vivaldi imitando os efectos da naturaza expresados nos sonetos nos que baseou as súas catro estacións.

Neste caso trátase do primeiro movemento do Inverno, non tan famoso como a primavera pero sí moi interpretado.

Os trémolos da orquestra imitan os tremores do pastor, o discurso do violín solista evoca o seu castañeteo de dentes e o seu tiritar. As disonancias da orquestra evocan a caída dos copos da neve.

 

Audición nº 7

 

"1º mov. do Concerto de Brandenburgo nº 3", Bach, concerto policoral.

 

Bach compuxo os seus seis concertos de Brandenburgo utilizando diferentes formas musicais do momento (concerto solista, concerto grosso e concerto policoral).

Este é o primeiro movemento do concerto número 3, en sol maior. Trátase dun concerto policoral para orquestra de cordas, a dez partes solistas (violín 1º, violín 2º, violín 3º, viola 1ª, viola 2ª, viola 3ª, chelo 1º, chelo 2º, chelo 3º e baixo continuo).

Ten unha forma complexa de identificar, na que se distinguen dous temas principais.

 

Audición nº 8

 

"Toccata e fuga en re menor", Bach.

 

Bach compuxo esta coñecidísima obra para órgano, dividida en dúas partes: unha tocata inicial, con carácter rapsódico, improvisatorio, na que o órgano desenvolve un tema musical enunciado ao comezo da obra.

En segundo lugar, hai unha fuga a 4 voces.

 

 

 

Audición nº 9

 

"Música para os reais fogos de artificio", Haendel.

 

Haendel compuxo esta obra por encargo do rei Jorge II de Inglaterra, que quixo acompañar os fogos artificiais do 27 de abril de 1749, celebrando o fin da Guerra de Sucesión Austríaca e o Tratado de Aquisgrán.

 

É, polo tanto, música incidental, e está pensada para unha agrupación instrumental potente que se escoite ben nos exteriores. O papel do vento metal e da percusión son fundamentais.

 

Audición nº 10

 

"Passacaglia", da "Suite en sol menor", Haendel.

 

Haendel compuxo esta coñecidísima Passacaglia en sol menor baseándose na repetición cíclica dun mesmo baixo, que resulta da superposición dunha segunda escala (IV-III-II-I) á cadencia andaluza (I-VII-VI-V). Realmente o principio utilizado é a superposición, unha por unha, das catro notas como resultado de utilizar o intervalo de  5ª descendente á que está na cadencia orixinal).

Vai facendo variacións de distinto tipo (melódicas, rítmicas, relacionadas coa velocidade e o carácter) sobre ese baixo. O instrumento que soa é o clave.

 

Audición nº 11

 

"Preludio" da "1ª Suite en Sol Maior", Bach.

 

Bach compuxo as súas famosas seis suites para chelo solo e con elas revolucionou a literatura que para este instrumento existía.

El engadiu á suite alemana un preludio e un par máis de danzas (podían ser dous minuetos, dúas bourrées ou dúas gavottas) entre o primeiro par (allemanda-courante) e o segundo (zarabanda-giga).

Neste caso, escoltamos o famosísimo preludio en sol maior, pertencente á súa primeira suite. É unha obra de carácter rapsódico, improvisatorio, que busca explorar distintas zonas tonais repetindo un mesmo deseño melódico que oculta, realmente, tres voces.

 

 

0 comentarios