Facebook Twitter Google +1     Admin

Modelo de examen para mis alumnos de LPM 1º Bach 3ª Evaluación

IES Xesús Taboada Chivite – Departamento de Música – Curso 2018-19

MODELO DE EXAME “LPM” 1º BACH 3ª Avaliación

Nome e apelidos: ________________________________________________

Curso e grupo: _______________

1º.- Define os seguintes conceptos musicais: ARMADURA, TONALIDADE, MODULACIÓN, DOMINANTE (1 punto)

2º.- Explica os catro tipos de CADENCIAS e pon un exemplo de cada unha. (1 punto)

3º.- Explica os seguintes tipos de textura: MONODÍA, MONODÍA ACOMPAÑADA, HETEROFONÍA, HOMOFONÍA, POLIFONÍA. (1 punto)

4º.- Define os catro parámetros do son. (1 punto)

5º.- A música na publicidade: explica que recursos se empregan e que elementos se analizan nun anuncio publicitario. (1 punto)

6º.- Expón as principais tendencias musicais e os grupos máis destacados da música popular urbana nos anos 60, tanto en EEUU coma no Reino Unido. (2 puntos)

7º.- Explica o que é unha serie dodecafónica, inventa unha, e fai a súa retrogradación. (1 punto)

8º.- Analiza a seguinte letra: tema, argumento, punto de vista, personaxes, espazo, tempo e figuras máis destacadas. (1 punto)

9º.- Na partitura adxunta, comenta os seguintes aspectos: (2 puntos)

a)    En que tonalidade está?

b)    Cal é a súa estrutura?

c)    Cal é a súa textura  principal?

d)    Que cadencias aparecen?

e)    Identifica a reaparición do tema principal na partitura.

f)     Que indicacións de tempo aparecen?

g)    Que indicacións de dinámica?

28/05/2019 08:54 davidov3 #. Música

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris