Blogia
En el río pasan ahogados todos los espejos del pasado

Modelo de examen para mis alumnos de Música de 3º ESO

Modelo de examen para mis alumnos de Música de 3º ESO

IES Xesús Taboada Chivite Departamento de Música Curso 2012/2013

 

MODELO DE EXAME / MÚSICA 3 ESO

1ª AVALIACIÓN

 

Nome e apelidos: ……………………………………………………………………...

Curso e grupo: …………

 

1ª. Escolle unha destas preguntas e respóndea: (1 punto)

 

a) A música na Grecia clásica: explica qué é un tetracordo, como se forman os catro modos e fala do epitafio de Seikilos.

b) A música na Grecia clásica: explica qué é a teoría aristotélica do ethos, di cales eran as nove musas e as artes que protexían e explica qué é o apolíneo e o dionisíaco (así como qué instrumentos se lles atribúen e en qué períodos artísticos predominan).

 

2ª. Escolle unha destas preguntas e respóndea: (1 punto)

 

a) A música vocal relixiosa na Idade Media: explica polo miúdo as características do canto gregoriano.

b) A música vocal relixiosa na Idade Media: explica qué son as formas paralitúrxicas e indica as partes da misa.

 

3ª. Responde a esta pregunta: (1 punto)

 

a) A primitiva polifonía medieval: explica qué é o ORGANUM, o DISCANTUS e o CONDUCTUS. Pon exemplos.

 

4ª. Escolle dúas destas preguntas e respóndeas: (1,5 puntos)

 

a) A música vocal profana na Idade Media: explica polo miúdo as características do amor cortés.

b) A música vocal profana na Idade Media: explica qué tipos de canción hai, segundo o contido.

c) A música vocal profana na Idade Media: explica qué tipos de cantor do amor hai.

 

5ª. Escolle unha destas preguntas e respóndea: (1 punto)

 

a) A música vocal relixiosa na Idade Media: explica polo miúdo as características do canto gregoriano.

b) A música vocal relixiosa na Idade Media: explica qué son as formas paralitúrxicas e indica as partes da misa.

 

6ª. Define os seguintes termos: (1 punto)

 

MOTETE ISORRÍTMICO

ORGANISTRUM

IN CAMPO APERTO

LADAÍÑA

 

7ª. Explica o que saibas da música instrumental medieval. (1 punto)

 

8ª. Análise de letra: responde as seguintes cuestións sobre esta letra. (0,5 puntos)

 

Las olas del tiempo llegan al Renacimiento
allí Leonardo me anticipa un nuevo invento
me siento junto a Copérnico en un mundo esférico, metálico
mientras la Inquisición sigue mis pasos sin aliento.

Viena 1700, ciudad llena de cultura
palpo la hermosura de un lugar lejano
gozar al rozar a Mozart verle tocar
y acariciar la eternidad entre sus notas de piano

Sinfonía en armonía
querer vivir las vidas que no fueron mías no es absurdo
como entrar al palacio de un zar en San Petersburgo
y gritar (Revolución) para cambiar el mundo

y mientras cambia yo lo observo
pueblos invaden, pueblos siglos y derrotas, civilizaciones rotas
verme al lado de Toro sentado, ser un chamán
meditando iluminado entre los prados de Dakota.

 

a) Cal foi a relevancia de Copérnico?

b) Que figura retórica atopamos no fragmento subliñado?

 

9ª. Análise auditiva: identifica e comenta as seguintes audicións. (1 punto)

 

10ª. Transcrición: transcribe o seguinte fragmento de canto gregoriano. (1 punto)

0 comentarios