Facebook Twitter Google +1     Admin

TRABALLOS DE MÚSICA PARA A 2ª AVALIACIÓN: 1º Bacharelato

Partes de cada traballo

a) Música e medios de comunicación. Aquí haberá que analizar o papel da música nun medio, atendendo a un tipo de contido. Serán necesarios TRES exemplos diferentes que apoien a tese do alumno.

b) Música e publicidade. Aquí haberá que reflexionar sobre o papel da publicidade na nosa vida, e moi especialmente sobre o papel da música na publicidade, atendendo a un tipo de anuncio (que variará segundo o destinatario, ou o tipo de produto). Son necesarios CINCO exemplos diferentes.

c) Música e videoxogos. Aquí analizaremos o papel da música no tipo de videoxogo asignado, e serán necesarios CATRO exemplos diferentes, ademais de información que encadre o tema.

d) Música e cinema. Aquí veremos o papel da música na gran pantalla, e teremos que buscar información que encadre o tema e un mínimo de CINCO exemplos.

Estrutura do traballo e plantilla de corrección

O traballo terá esta estrutura:

0.- Índice

1.- Introdución (respondendo a tres preguntas: que fago? como? para que?)

2.- Desenvolvemento

2.1.- Música e imaxe: unha reflexión sobre as relacións entre música e imaxe.

2.2.- Teoría: catro apartados de información sobre os catro temas do traballo.

2.3.- Práctica: todos os exemplos ordenados e sistematizados, coa tese que un quere defender.

3.- Conclusións

4.- Bibliografía e enlaces

A plantilla de corrección é esta:

Presentación 1/10

Opinión 1/10

Bibliografía 1/10

Información 1,5/10

Práctica 3,5/10

Formato 2/10

Lembrade que por cada apartado incompleto se lle restará 0,5/10 ó formato, e se o formato chega a ser 0 o traballo non vale. Necesitamos obter un mínimo dun 4 no traballo para facer media, e ponderará nun 20% da avaliación.

Temas asignados

MARTA CID

Música e imaxe. A música nos medios de comunicación: radio (informativos). A música na publicidade: anuncios para amas de casa. A música nos videoxogos: aventuras gráficas. A música no cinema: películas de Woody Allen.

JOSÉ DASILVA

Música e imaxe. A música nos medios de comunicación: radio (programas deportivos). A música na publicidade: anuncios para xubilados. A música nos videoxogos: xogos de rol. A música no cinema: comedias románticas francesas.

IVÁN DA CONCEPCIÓN

Música e imaxe. A música nos medios de comunicación: radio (programas de medicina). A música na publicidade: anuncios para adolescentes. A música nos videoxogos: xogos de infiltración. A música no cinema: comedias románticas que non sexan francesas.

ALFONSO DASAIRAS

Música e imaxe. A música nos medios de comunicación: radio (sorteos e apostas). A música na publicidade: anuncios para os cativos (nenos). A música nos videoxogos: xogos de habilidade. A música no cinema: saga de Torrente.

SABELA

Música e imaxe. A música nos medios de comunicación: radio (consultorios). A música na publicidade: anuncios para as cativas (nenas). A música nos videoxogos: xogos de deportes que non sexan fútbol. A música no cinema: películas de Lars Von Trier.

NATALIA

Música e imaxe. A música nos medios de comunicación: radio (radiofórmulas). A música na publicidade: anuncios para homes de entre 30 e 50. A música nos videoxogos: xogos de fútbol. A música no cinema: películas históricas.

MARTA FERNÁNDEZ

Música e imaxe. A música nos medios de comunicación: radio (programas relixiosos). A música na publicidade: anuncios para mulleres de entre 30 e 50. A música nos videoxogos: xogos de avenuras e acción dos anos 80. A música no cinema: películas policíacas.

JANIRA

Música e imaxe. A música nos medios de comunicación: radio (programas de humor). A música na publicidade: anuncios para estudantes universitarios. A música nos videoxogos: xogos de aventuras e acción dos anos 90. A música no cinema: saga de Harry Potter.

ADRIÁN

Música e imaxe. A música nos medios de comunicación: radio (magacines). A música na publicidade: anuncios sexistas. A música nos videoxogos: xogos de aventuras e acción do 2000 ó 2009. A música no cinema: saga de O señor dos aneis.

VERÓNICA

Música e imaxe. A música nos medios de comunicación: radio (anuncios publicitarios por radio). A música na publicidade: anuncios racistas. A música nos videoxogos: xogos de aventuras e acción a partires do 2010. A música no cinema: saga Millenium.

IRIS

Música e imaxe. A música nos medios de comunicación: radio (tertulias políticas). A música na publicidade: anuncios navideños. A música nos videoxogos: xogos musicais para cantar. A música no cinema: películas de acción norteamericanas.

MARÍA RIBAO

Música e imaxe. A música nos medios de comunicación: televisión (informativos).  A música na publicidade: anuncios de “retorno ó cole”. A música nos videoxogos: xogos musicais para tocar instrumentos distintos da guitarra. A música no cinema: películas de ciencia ficción futuristas.

ALBA

Música e imaxe. A música nos medios de comunicación: televisión (documentais). A música na publicidade: anuncios de verán. A música nos videoxogos: xogos musicais para tocar a guitarra. A música no cinema: musicais.

JOSÉ ANTONIO

Música e imaxe. A música nos medios de comunicación: televisión (programas de deportes). A música na publicidade: anuncios de bricolaxe. A música nos videoxogos: xogos de naves espaciais. A música no cinema: documentais políticos.

ISABEL

Música e imaxe. A música nos medios de comunicación: televisión (a predicción meteorolóxica). A música na publicidade: anuncios que crean modas. A música nos videoxogos: xogos baseados en películas. A música no cinema: thrillers non norteamericanos.

MANUEL

Música e imaxe. A música nos medios de comunicación: televisión (consultorio). A música na publicidade: anuncios de bollería industrial. A música nos videoxogos: xogos baseados en series de debuxos animados. A música no cinema: thrillers norteamericanos.

BELÉN

Música e imaxe. A música nos medios de comunicación: televisión (sorteos e apostas). A música na publicidade: anuncios de mascotas. A música nos videoxogos: xogos de pelexa que non sexan o Street fighter. A música no cinema: cine de Hollywood.

DAVID

Música e imaxe. A música nos medios de comunicación: televisión (concursos). A música na publicidade: anuncios de concienciación contra o alcohol. A música nos videoxogos: o Street fighter. A música no cinema: cine de Bollywood.

MARÍA ARAÚJO

Música e imaxe. A música nos medios de comunicación: televisión (tertulias políticas). A música na publicidade: anuncios de concienciación contra as drogas. A música nos videoxogos: xogos de coñecementos. A música no cinema: películas sobre músicos ou compositores.

LARA

Música e imaxe. A música nos medios de comunicación: televisión (realities). A música na publicidade: anuncios contra o cancro. A música nos videoxogos: xogos de memoria visual. A música no cinema: películas bélicas.

JOSÉ DAVID

Música e imaxe. A música nos medios de comunicación: televisión (telenovelas). A música na publicidade: anuncios promocionando as comunidades autónomas. A música nos videoxogos: xogos tipo TETRIS. A música no cinema: películas de terror anteriores ós 80.

JOANA

Música e imaxe. A música nos medios de comunicación: televisión (series). A música na publicidade: anuncios de coches de alta gama. A música nos videoxogos: puzzles. A música no cinema: películas de terror dos 80 e 90.

JOAQUÍN

Música e imaxe. A música nos medios de comunicación: televisión (debuxos animados para os pequenos da casa). A música na publicidade: anuncios de perfumes caros para muller. A música nos videoxogos: clásicos dos 80. A música no cinema: películas posteriores ó ano 2000.

CRIS

Música e imaxe. A música nos medios de comunicación: televisión (anime). A música na publicidade: anuncios de colonia cara para home. A música nos videoxogos: clásicos dos 90. A música no cinema: película de superheroes.

LUIS

Música e imaxe. A música nos medios de comunicación: televisión (programas musicais).  A música na publicidade: anuncios de cosmética de alta gama para a muller. A música nos videoxogos: Super Mario Bros. A música no cinema: dramas.

ISMAEL

Música e imaxe. A música nos medios de comunicación: televisión (concursos). A música na publicidade: anuncios de electrodomésticos. A música nos videoxogos: Sonic. A música no cinema: películas orientais.

12/01/2015 10:52 davidov3 #. Música

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris