Facebook Twitter Google +1     Admin

Himno TEI

HIMNO TEI


QUE FERMOSO É (tradución da canción de Manuel Carrasco)


Ten un canón de ledicia disparando ós ollos

e todos os que a miran énchense de amor.

É coma un anxo da garda, destrúe os diaños.

Xuro que non esaxero, é todo corazón.


Chea de vida, hai máis vida se ela está preto.

É un paraugas, non baila a auga sen máis.

Ten ese riso que sanda todos os problemas.

É aquela palabra que escoitas e alento che dá.


É unha candea acesa, alumea a negrura a me arrodear.

Cura as miñas feridas, é a miña amiga se estou ben ou mal.


Retrouso:

Que fermoso é saber

que sempre estás aí.

Quero que saibas que

eu vou coidar de ti.

Que fermoso é querer

e poder confiar.

Afortunado son...

Amizade ti dás.


É a auga que rompe, vencida, ó chegar á beira.

Cando estoura, a súa coraxe non sabe frear.

Non lle ten temor á xente, loita na desorde

contra a catividade, a xustiza acadar.


É unha candea acesa, alumea a negrura a me arrodear.

Cura as miñas feridas, é a miña amiga se estou ben ou mal.


Retrouso


Non soubo ela que facer cando foi derrotada.

Ela aprendeu das súas bágoas, farta de chorar.

Por iso ten ese brillo, o berro dun faro

que nos guía "pra" ese carreiro perdido atopar..


Retrouso


08/11/2019 12:46 davidov3 #. Música

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris