Facebook Twitter Google +1     Admin

¿Qué opinamos sobre el BORRADOR DEL DECRETO DE PLURILINGÜISMO?

20100118131527-galego-carrabouxo.jpg

 

PROPOSTA Ó BORRADOR DO DECRETO DE PLURILINGÜISMO

Os abaixo asinantes, profesoras e profesores do IES Xesús Taboada Chivite (Verín), tendo en conta os últimos acontecementos relacionados coa lingua galega en particular e co ensino en Galicia en xeral, facemos a seguinte proposta ó borrador do decreto de plurilingüismo:

Queremos que os alumnos que se formen en Galicia teñan un coñecemento digno das dúas linguas oficiais (galego e castelán) e que saiban defenderse con solvencia nas linguas estranxeiras que cursen (inglés, francés, portugués…). Queremos que maduren e desenvolvan as súas capacidades cognitivas, as súas destrezas sociais e que sexan persoas cunha capacidade crítica que lles faga o día de mañá consumidores aptos e selectivos, con criterio, persoas capaces á hora de desenvolveren algunha tarefa ou oficio, e membros dunha sociedade na que as TIC e as novas tecnoloxías sexan ferramentas de uso diario ás que estean acostumados xa desde o colexio. Queremos que os nosos alumnos consuman cultura (cine, teatro, libros, ópera…), que sexan deportistas e xente con hábitos saudables e que non teñan que combater nin trastornos alimenticios (anorexia, bulimia…) nin de ningún outro tipo (vigorexia, ludopatía, tabaquismo, alcoholismo…). Queremos que os nosos alumnos sexan, en definitiva, felices.

En todo iso estamos de acordo.

O que nos sitúa nunha posición diametralmente oposta ó borrador do decreto de plurilingüismo son tanto o fondo como a forma na que se está a expor á comunidade educativa.

Non nos gusta o fondo: porque non se tiña acadado o 50% de materias en lingua galega, porque se queremos que os alumnos se desenvolvan en inglés non se estaría na situación actual (grupos de 29 alumnos de 1º ESO con ACI, necesidades educativas varias e un único profesor de inglés, cando hai posibilidade de facer desdobres, potenciar o apoio educativo e diversificar os niveis, facer intercambios con alumnos anglófonos), porque coas prevendas que ofrece o borrador ós profesores capacitados para daren as súas materias en inglés hai un agravio comparativo anticonstitucional (un profesor de lingua castelá non opta a dar en inglés a súas clases, un de música si), porque non é xusto que lle dean puntos no concurso de traslados ou mesmo incentivos económicos a profesores con menos antigüidade no corpo pero que teñen estudos de idiomas, porque aínda que o profesorado reciba formación de idiomas ó efecto os alumnos non están preparados para recibiren clases en inglés de materias con tanto contido lingüístico coma Historia ou Bioloxía, porque non se pode xogar a tres terzos con dúas linguas oficiais e unha lingua estranxeira coma linguas vehiculares en igualdade de condicións cando unha delas (o galego) está en clara desvantaxe, porque non hai unha base pedagóxica detrás de todas estas medidas, senón unha vontade de aforro económico e beneficios electorais, ademais dun afán por dividir ó profesorado para fragmentar a oposición a estas medidas.

Non nos gusta a forma: porque do mesmo xeito que co decreto de Escolas Oficiais de Idiomas, non é de recibo que unha información tan relevante sexa publicada en periodo vacacional (tanto se é verán coma se é Nadal), porque non se pode convocar unha reunión no último momento (curiosamente dous días antes da manifestación convocada en Santiago) e dicir despois que a comunidade educativa foi consultada, porque as presas e a desorganización non deben ser as características definitorias dun proceso de cambio tan profundo no sistema educativo galego, e porque un patrimonio cultural tan importante coma o noso non se conserva deste xeito.

A globalización non debe ser entendida coma un sinónimo da destrución da propia identidade.

Non queremos que se diga que nós fomos consultados e apoiamos este borrador. Opoñémonos completamente, e para que así conste asinamos o presente escrito

 

Verín, 18 de Janeiro de 2010

 

 

18/01/2010 13:15 davidov3 #. TramPPas de la Xunta

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris