Facebook Twitter Google +1     Admin

"Historia del pop y el rock en España: los años 60." (4/5)

CONTINUACIÓN DE LA SERIE DE ARTÍCULOS DEL MISMO TÍTULO, CON INFORMACIÓN RESUMIDA Y TRADUCIDA PROCEDENTE DE: José María Íñigo y José Ramón Pardo: Una historia del pop y el rock en España. Los 60, Madrid, RTVE Música, 2005.  

Capítulo 7: Os festivais: música e paixón 

O primeiro gran festival, que era o único lugar onde se podían escoitar en directo dúas docenas de grandes grupos, foi o Festival de San Remo, en 1951, internacionalizado en 1958. 

En 1956 a Unión Europea de Radiodifusión creou o “Eurovision Song Contest”. España apuntouse en 1961. As familias vivíano como unha festa colectiva que reunía a todas as xeracións ante o televisor. Os periódicos facían quinielas, os amigos porras e cada fracaso atopaba moitas “explicacións” en manías, alianzas e demais tretas entre os países da unión. 

1961 - 9º puesto: Conchita Bautista - Estando Contigo
1962 - 13º puesto: Victor Balaguer - Llámame
1963 - 12º puesto: Jose Guardiola - Algo prodigioso
1964 - 12º puesto: Belly, Tim and Tony - Caracola
1965 - 15º puesto: Conchita Bautista - Qué bueno, qué bueno
1966 - 7º puesto: Raphael - Yo soy aquel
1967 - 6º puesto: Raphael - Hablemos del amor
1
968 - 1º puesto: Massiel - La,la,la
1969 - 1º puesto: Salome - Vivo cantando

 

Capítulo 8: As novas cancións: protesta e poesía 

A diferencia dos outros niveis musicais nos que España estaba moi atrasada con respecto a Europa e Reino Unido, no eido das cancións de protesta estabamos en primeira liña. Quizais debido á situación política do país. 

Os primeiros en romper o xeo foron uns estudantes cataláns que querían normalizar a súa lingua a través das súas cancións. Bautizáronse como “Els setze jutges”, é dicir, os dezasete xuíces, frase tomada dun trabalinguas catalán. 

Non eran músicos nin cantantes, polo que as primeiras gravacións son musicalmente pobres. Destacamos a Josep María Espinás e Remei Margarit.  

A primeira gran figura da cançó foi un valenciano de Xativa: Raimon Pelegero Sanchis. As súas cancións convertéronse en himnos: “Al vent”, “Diguem no”. Tamén destacou Francesc de la Serra. 

A gran figura foi Joan Manuel Serrat, fillo de barcelonés e aragonesa que se converteu no xuíz número trece e encheu de cancións líricas un movemento que ata entón se caracterizara máis pola denuncia que polos sentimentos.

Outros chegaron tras el: Lluis Llach, María del Mar Bonet, Ovidi Montllor, Jaume Sisa. 

En Galicia xurdiría un movemento semellante creando o selo Xistral. Destacaron Xerardo Moscoso, Xoan Rubia, María Manoela... Pero o seu intento chocou directamente cun obstáculo inesperado: a aparición dunha canción galega despolitizada e triunfadora incluso nas listas de éxitos nacionais. Bautizáronse como “Voces ceibes”. 

A razón deste desmantelamento de cuestións políticas no movemento musical pro-galego estaba en que nas listas de éxitos estaban á cabeza cancións como “O tren” ou “Corpiño xeitoso” de Andrés Do Barro, “A charanga” de Juan Pardo ou “Un canto a Galicia” de Julio Iglesias. 

No País Vasco houbo tamén actividades nesta liña: “Ez dok amairu” (traducido é “Non hai trece”, e é o último verso dun poema infantil para ensinar os números ós rapaces vascos de pequeños). Debido á dificultade do idioma, tivo pouca repercusión. 

Mentres, en Madrid, xurdiu un grupo chamado “Canción del pueblo”, que procuraba reivindicar politicamente dereitos cuestionados na Dictadura. Un dos seus éxitos é o himno universitario “No nos moverán”. Aquí destacamos a Manuel Toharia, Elisa Serna, Adolfo Celdrán e José Antonio Labordeta. 

Tamén destacamos aquí a Manolo Díaz, Patxi Andión e Luis Eduardo Aute.

25/11/2010 19:19 davidov3 #. Música

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris