Blogia
En el río pasan ahogados todos los espejos del pasado

"Historia del pop y el rock en España. Los años 60 (1/5)"

Publicaré en varios capítulos los apuntes que les di a mis alumnos de "Música" de 1º Bachillerato este año. Como en la distribución lingüística de materias me toca darla en gallego, la información está traducida al gallego.

Se trata de resúmenes del fantástico librito-CD de José María Íñigo y José Ramón Pardo: Una historia del pop y el rock en España. Los 60, Madrid, RTVE Música, 2005.

Capítulo 1: O que se cantaba en España

A finais dos anos 50 houbo unha xeración de xóvenes españois que se sentían en inferioridade con respecto ós americanos que vían nas películas que botaban no cine. 

Ningún español de 20 anos escoitara nada diferente a Juanita Reina, Carmen Sevilla ou Conchita Piquer. Algúns refuxiábanse nos boleros de Machín, Sepúlveda e Nat King Cole ou mesmo nas rancheiras de Negrete e Pedro Infante ou mesmo os “modernos” Rina Celi, Mario Visconti, Bonet de San Pedro, Lolita Garrido ou Monna Bell. 

Os nosos xóvenes estaban “a salvo” da perniciosa influencia de Elvis Presley, Paul Anka ou Bill Haley. 

En EEUU “Semilla de maldad” (“Blackboard jungle”) foi a película na que por vez primeira empregaron o rock na banda sonora e como música xuvenil oposta ás normas da sociedade dos adultos. 

En España foi “King Creole” a película de Elvis que arrasou e sementou o interese polas novidades musicais do outro lado do charco. 

A través de programas de radio como “Boite” de Ernesto Lacalle e “Caravana musical” de Ángel Álvarez o público comezou a familiarizarse con ese novo mundo musical. 

Foi o Dúo Dinámico quen empezou rompendo moldes e atrevéndose a achegarnos a música hispanoamericana. 

 

Capítulo 2: O rock que nos chegou de Hispanoamérica 

O idioma inglés era unha barreira que nos afastaba de Elvis (lembremos que no antigo bacharelato era o francés o idioma estudado). O mambo e o cha-cha-chá facían furor nas festas xuvenís, e os boleros e música hispanoamericana. 

Ninguén imaxinaba que os temas caribeños de Los Llopis estaría plagado de rockanroles traducidos por eles mesmos ó español: “Estremécete” (All Shook Up), “La puerta verde” (Green Door), “Paseando bajo la lluvia” (Walking In The Rain), “Hasta la vista cocodrilo” (See You Later Alligator) ou “Doctor brujo” (Witch Doctor). Venderon discos en formato EP (discos con 4 cancións cada un), e foron un éxito: por fin sabiamos o que dicían aquelas letras tan marchosas.

Seguindo os pasos deste grupo cubano, México tamén aportou algo co grupo Teen Tops, encabezados por Enrique Guzmán. Tomaron o “Bonnie Moronie” de Larry Williams e transformáronno no coñecido “Popotitos” (unha canción sobre unha rapaza tan fraca que cabía dentro dunha palliña, “popote” en México). Despois chegarían moitos máis éxitos. 

En Arxentina tamén comezaba un movemento de adaptación ó rock e os seus mellores representantes foron Los Cinco Latinos e Billy Cafaro. 

Los Cinco Latinos eran un quinteto capitaneado por Estela Raval, acompañada por catro cantantes-instrumentistas que explotaban perfectamente o xénero du-duá (doo-wop). Estiveron competindo co norteamericano grupo The Platters, cantando e versionando os seus temas traducidos: “Sólo tú” (Only You), “Mi oración” (My Prayer), “El humo ciega tus ojos” (Smoke Gets In Your Eyes), “La hora del crepúsculo” (Twilight Time), “El gran simulador” (The Great Pretender). 

Billy Cafaro converteuse noutro modelo con temas como “Personalidad” (Persolanality, de Lloyd Price) e “Marcianita” (canción futurista e retrógada a un tempo, na que esperaba que as rapazas de Marte non estivesen tan tan liberadas como as da Terra). 

Dous músicos españois que destacaron na liña conservadora foron Gloria Lasso (gravou “Venus”, unha canción de Frankie Avalon que fora un éxito en EEUU; tamén gravou “Extraño en el paraíso”, a canción máis melódica do musical “Kismet”) e José Guardiola (adaptou “Dieciséis toneladas” e “Verde campiña”).

0 comentarios