Facebook Twitter Google +1     Admin

Modelo de examen de la 1ª evaluación para los alumnos de 1 Bachillerato con Música

20111117133218-musica.jpg

Este año haremos el examen de evaluación en dos días diferentes de clase: el primer día haremos la parte teórica. Para ello dispondremos de 35 minutos de una clase. El segundo día haremos la práctica, y para ello utilizaremos una sesión completa de 50 minutos. Sed puntuales.

 

IES Xesús Taboada Chivite - Departamento de Música - Curso 2011-2012

 

EXAME DA 1ª AVALIACIÓN - MÚSICA 1º BACH

 

Nome e apelidos: ___________________________________

Curso e grupo: ___________

 

1º BLOQUE: TEORÍA

 

 

1º.- UNIDADE 1: A EXPRESIÓN VOCAL. A VOZ. TIPOS. PRODUCCIÓN. HIXIENE. Elixe unha destas preguntas: (1 pto)

 

a) O aparato fonador. Fai un debuxo indicando as súas partes. Explica o seu funcionamento. Indica tres enfermidades ou doenzas relacionadas con el e di como se poden prever.

 

b) O aparato auditivo. Fai un debuxo indicando as súas partes. Explica o seu funcionamento. Indica tres enfermidades ou doenzas relacionadas con el e di como se poden prever.

 

 

2º.- UNIDADE 2: MÚSICA POPULAR TRADICIONAL (I): MÚSICA TRADICIONAL GALEGA. Elixe unha destas preguntas: (1 pto)

 

a) Di o que saibas sobre os tipos de canción popular tradicional en Galicia. Fala dos instrumentos típicos galegos da familia de vento madeira.

 

b) Di o que saibas sobre os tipos de danza na música popular tradicional en Galicia. Fala dos instrumentos típicos galegos das familias de corda e percusión.

 

 

3º.- UNIDADE 3: MÚSICA POPULAR URBANA (I): A MÚSICA ESPAÑOLA DESDE OS 50. Elixe CATRO destas preguntas: (1 pto)

 

a) De que trata a canción “Marcianita”? Quen a escribiu?

b) Cales eran os dous focos musicais na España dos 60 e por que? Que grupos destacaron alí?

c) Cales foron os festivais de máis prestixio entre 1962 e 1964? Que empresa apoiou os cambios?

d) Quen eran os silbadores? Explícao.

e) Cal é a orixe do concepto ye-yé? Cales foron as chicas ye-yé? E as nenas prodixio?

f) Explica a orixe de Eurovisión, di cando se apuntou España e cando / como gañou.

 

 

4º.- UNIDADES 4 [MÚSICAS DO MUNDO (I): AMÉRICA] E 5 [A MÚSICA CHAMADA CULTA (I): XÉNEROS VOCAIS]. Elixe unha destas preguntas: (1 pto)

 

a) Di o que saibas da música popular tradicional dun destes países: Chile, Bolivia, Brasil.

b) Di o que saibas destes termos: BELCANTO, DRAMA PER MUSICA, ÓPERA LITERARIA, VERISMO.

 

 

5º.- UNIDADE 6: MÚSICA E IMAXE (I): O CINEMA. Elixe unha destas preguntas: (1 pto)

 

a) Cales son os elementos da banda sonora? E as funcións da música nunha película?

b) Fala dos inicios do cinema: desde o cinema mudo ata os inicios do cinema sonoro.

 

IES Xesús Taboada Chivite - Departamento de Música - Curso 2011-2012

 

EXAME DA 1ª AVALIACIÓN - MÚSICA 1º BACH

 

Nome e apelidos: ____________________________

Curso e grupo: ___________

 

2º BLOQUE: PRÁCTICA

 

6º.- Audición: (1 pto) identifica esta audición (dicindo título e grupo) e analiza a súa estrutura musical, deixando claras as súas seccións, os seus estribillos (no caso de que haxa algún) e os instrumentos que interveñen en cada parte.

 

7º.- Partitura: (0,5 ptos) tendo en conta a partitura que se adxunta no exame, tes que analizar as súas frases musicais e as diferentes seccións de que consta.

 

8º.- Escena cinematográfica: (0,5 ptos) tendo en conta as catro variables que empregamos para describir a música dunha escena, di como é a banda sonora da escena que proxectamos na aula hoxe.

 

9º.- Letra: (1 pto) responde a DÚAS das preguntas que seguen á esta letra

 

    Él entró una noche en el bar de costumbre,
    iba vestido todo de riguroso luto,
    venía borracho y solo, traía el gesto serio,
    y en las manos una corona de difuntos.
    Ella le había dejado, nos explicó sereno,
    y había decidido considerarla muerta,
    y brindar por su olvido y su descanso eterno,
    y celebrar su entierro de taberna en taberna.
    Así que allá nos fuimos, y
    para qué contaros:
    vasos vinos y risas, alguna vomitona,
    abrazos de amistad,
    eterna aquella noche.
    Requiescat y brindemos por ella y su memoria.

    La noche debilita los corazones,
    noches de funeral, de vino y rosas.
    Brindemos por el amor y sus fracasos,
    quizás podamos escoger nuestra derrota.
    El sol limpia las calles, la memoria,
    feroces pasiones atenúa.
    Invéntate el final de cada historia,
    que el amor es
    eterno mientras dura.

 

a) Comenta os dous fragmentos suliñados. Que teñen de particular?

b) Comenta o uso do adxectivo eterno – eterna nesta canción.

c) Explica COAS TÚAS PALABRAS o que conta este fragmento.

 

10º.- Composición musical: (1 pto) fai unha passacaglia que teña as seguintes características musicais:

 

- compás de 4/4, prohibido empregar redondas ou escribir sempre brancas, cómpre variar

- escala de sol menor (si bemol, mi bemol)

- dúas frases de oito compases cada unha (un total de 16 compases escritos)

- a estrutura harmónica I – IV – VII – III – VI – II – V – I (un grao por cada compás)

 

11º.- Texto: (0,5 ptos) le atentamente este texto e contesta a DÚAS das preguntas que o seguen:

 

A celtificación da música galega tamén tivo nas bandas de gaitas unha importante repercusión. Estas formacións son orixe dunha forte polémica, chamada habitualmente “guerra das gaitas”. Os principais puntos de crítica son a súa estética, tanto visual como musical, os instrumentos empregados, e en xeral polo seu afastamento do considerado tradicional. A Real Banda de Gaitas é o máis significativo caso deste tipo de agrupacións.”

 

a) Cres que hai un proceso de CELTIFICACIÓN da música galega? Explícao con exemplos.

b) Cres que esas críticas ás novedades musicais son necesarias para protexer o legado cultural herdado xeneracionalmente? Por que / Por que non?

c) Cal é para ti a situación actual da música popular tradicional galega?

 

 

12º.- Letra: (0,5 ptos) le atentamente esta letra e responde a UNHA das preguntas:

 

Durme meu neno, durme,
sen máis pranto,
que o tempo de chorare,
vai pasando.


Que a terra na que vives,
non quer´ bágoas,
precisa homes inteiros,
pra liberala.


Durme meu neno, durme,
colle forzas,
que a vida que che agarda,
pide loita.


Recollera-lo froito
sementado,
no inverno escuro e frío,
no que estamos.”

 

a) Expón os tipos de canción que vimos na clase e di a cal pertence esta. Xustifica a resposta.

b) Cres que pode tratar algún tema político? Cal? Por que?

17/11/2011 13:32 davidov3 #. Música

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris