Proxecto para os meus alumnos de LPM 1º Bacharelato (1ª avaliación): "A música de Verín"
Neste proxecto teredes que elaborar entre todos un MAPA MUSICAL de Verín.
Dividireivos en 12 grupos de 3-4 alumnos cada un. O traballo ten TRES FASES:
1ª Fase (mes de outubro): traballo de campo (1). Recopilaredes información in situ, anotando 10 títulos de temas musicais que se poidan escoitar nun determinado tipo de establecemento en 2 franxas horarias diferentes (por exemplo: a primeira hora da tarde dun día de semana e a última hora da tarde dun día da fin de semana). Coa información resultante asignaredes un estilo musical a cada local, sempre que sexa posible.
2ª Fase (novembro): traballo de campo (2). Crearedes unha sinxela enquisa de non máis de 6 preguntas e tomaredes nota de xeito anónimo do que opina a xente sobre a música que soa no tipo de establecemento que vos tocou. Unicamente recolleredes a información agrupando os participantes na enquisa por cinco franxas de idade (menores de idade, persoas entre os 18-29, entre os 30-49, entre os 50-65 e maiores de 65). Terán que ser clientes, traballadores, ou persoas que atopedes no local no momento de facer a enquisa (polo menos 25 enquisas por local). Coa información resultante extraeredes unha conclusión sobre O QUE OPINA A XENTE QUE SE ESCOITA.
3ª Fase (decembro, antes do día 20): conclusións e mapa musical. Cos datos recopilados por todos, faremos un mapa musical de Verín cos datos reais e outro cos datos da opinión da xente. Intentaremos facer sobre o papel rutas de distintos estilos: por exemplo, "se queres escoitar rock español dos 80-90 estes son os establecentos ós que podes ir..." e pintamos de distintas cores nun mapa de Verín os locais segundo a información obtida.
Os establecementos están divididos en dúas categorías: "De día" (ata as 20:30h) e "De noite" (a partir das 20:30h). Esto depende do tipo de actividade e clientela que atoparedes nesas franxas horarias, que como comprobaredes inflúe no tipo de música que se escoita.
Estes son os grupos de tipos de locais:
Grupo nº 1: De día (Mesón, tenda de roupa para bebés, perfumería e Eroski). De noite (bares de toda a vida, cunha clientela de máis de 50 anos de media).
Grupo nº 2: De día (Viñoteca, tenda de roupa feminina, pastelería e Mercadona). De noite (bares cunha clientela de entre 20 e 50 anos de idade de media).
Grupo nº 3: De día (Cafetería, tenda de música, papelería e Froiz). De noite (terrazas da zona do Chivite).
Grupo nº 4: De día (Restaurante, tenda de disfraces, tenda de conxelados e taller de coche). De noite (terrazas da zona do pavillón de deportes).
Grupo nº 5: De día (Xeadería, bazar chino, librería e tenda de informática). De noite (terrazas da rúa Montemaior).
Grupo nº 6: De día (Adega, tenda de agasallos, tenda de ultramarinos e herboristería). De noite (terrazas da praza de García Barbón).
Grupo nº 7: De día (Coctelería, tenda de deportes, panadería e farmacia). De noite (pubs e establecementos da zona do Carboeiro, das Prazas de García Barbón e dos Mercedarios, e da Alameda nos que se poida escoitar rock español dos 80-90).
Grupo nº 8: De día (Asador, tenda de electrodomésticos, perruquería e ximnasio). De noite (pubs e establecementos da zona do Carboeiro, das Prazas de García Barbón e dos Mercedarios, e da Alameda nos que se poidan escoitar éxitos comerciais actuais).
Grupo nº 9: De día (Tapería, tenda de decoración, floristería e pavillón de deportes). De noite (pubs e establecementos da zona do Carboeiro, das Prazas de García Barbón e dos Mercedarios, e da Alameda nos que se poida escoitar música latina).
Grupo nº 10: De día (Cervexería, tenda de xoguetes de marca, veterinario e Gadis). De noite (pubs e establecementos da zona do Carboeiro, das Prazas de García Barbón e dos Mercedarios, e da Alameda nos que se poida escoitar reggaetón).
Grupo nº 11: De día (Pizzería, tenda de roupa masculina, xoiería e local veciñal). De noite (pubs e establecementos da zona do Carboeiro, das Prazas de García Barbón e dos Mercedarios, e da Alameda nos que se poidan escoitar clásicos do rock and roll).
Grupo nº 12: De día (Bar, tenda de complementos, óptica e Día). De noite (pubs e establecementos da zona do Carboeiro, das Prazas de García Barbón e dos Mercedarios, e da Alameda nos que se poida escoitar música electrónica).
0 comentarios