Blogia
En el río pasan ahogados todos los espejos del pasado

Traballos para esta segunda avaliación, Música 1º bacharelato

Traballos para esta segunda avaliación, Música 1º bacharelato

Por petición de varios alumnos colgo a lista de temas adxudicados para a parte específica do traballo de avaliación: (lembrade que a primeira parte do traballo é común para todos, e que consta dunhas preguntas relativas ó libro de lectura obrigatoria, "Settecento")

PACO: A música vocal profana no Barroco italiano (excluindo a ópera): xéneros, formas, compositores

FERNANDO: A música vocal relixiosa no Barroco italiano: xéneros, formas, compositores...

MARTA: A música vocal relixiosa católica no Barroco alemán: xéneros, formas, compositores...

SERGIO: A música vocal relixiosa protestante no Barroco alemán: xéneros, formas, compositores...

ANABEL: A ópera italiana no Barroco: orixes do xénero, copositores, primeiras óperas...

DÉBORA: A ópera francesa no Barroco: estrutura, compositores destacados, xéneros. A traxedia lírica de Lully...

SANTIAGO: A óepra barroca en España: escritores do Barroco que participaban, compositores destacados, obras...

NELSON: A zarzuela española do Barroco: orixes, autores, obras...

INÉS: A música instrumental no Barroco italiano: formas baseadas nas variacións e na repetición e baixos de danza (folia, passacaglia, chacona)...

EVA: A música instrumental no Barroco italiano: formas baseadas en modelos vocais. A sonata da camera e a sonata da chiesa. Autores, obras...

BRAIS: A música instrumental no Barroco italiano: formas improvisatorias e rapsódicas. Preludios, toccatas, fantasías...

JONATHAN: A música instrumental no Barroco italiano: o concerto solista. Relevancia de Torelli, Corelli e Vivaldi na súa evolución.

RUBÉN: A música instrumental no Barroco italiano: o concerto grosso. Autores, obras...

NEREA: A música instrumental no Barroco alemán: a fuga. Relevancia de J.S.Bach e da súa obra "El arte de la fuga".

DIEGO: A música instrumental no Barroco alemán: o concerto grosso. Relevancia de Haendel.

ALBERTO: A música instrumental no Barroco alemán: os seis Concertos de Brandenburgo de J.S.Bach.

LUCÍA: A música vocal no Barroco inglés: relevancia de Purcell na ópera inglesa do Barroco.

DENISE: A masonería e as óperas de Mozart: "A frauta máxica". (o teu libro de lectura é outro: "La conspiración Mozart")

ISANET: A música instrumental no Barroco alemán: as danzas. Relevancia das Suites inglesas e francesas de J.S.Bach.

BELÉN: A música instrumental no Barroco alemán: as danzas. Relevancia das Seis suites para violonchelo solo de J.S.Bach.

MARINA: A música instrumental no Barroco alemán: evolución da familia de corda fretada. Familia de violas e familia de violíns. Relevancia dos talleres de Cremona (Andrea Amati, Antoni Stradivari...)

SARA: A música instrumental no Barroco: o inveno da orquestra. Papel de Lully na súa creación/evolución.

0 comentarios