Blogia
En el río pasan ahogados todos los espejos del pasado

"Historia del pop y el rock en España. Los añor 60 (3/5)"

CONTINUACIÓN DE LA SERIE DE ARTÍCULOS DEL MISMO TÍTULO, CON INFORMACIÓN RESUMIDA YTRADUCIDA PROCEDENTE DE: José María Íñigo y José Ramón Pardo: Una historia del pop y el rock en España. Los 60, Madrid, RTVE Música, 2005. 

Capítulo 5: Os silbadores ó poder. A fase profesional 

Neste momento houbo moitos xóvenes sen estudos musicais que querían compoñer cancións. Para poder firmar como autor unha canción tiñan que aprobar un exame no que se lles entregaba o comezo dunha melodía e tiñan que rematalo. Case todos suspendían esta proba, así que facían outra menos complexa que era de letrista: dábanlles o comezo dunha cuarteta e tiñan que rematala. Cando tiñan esta parte aprobada chamábaselles “silbadores”, e podían compoñer cancións, pero a Sociedade General de Autores quitáballes a metade dos seus ingresos para pagar a un músico que escribise as notas musicais. Así, un copista sen talento pero que sabía música co-compuña unha canción que lle era allea. Unha inxustiza. 

Los Brincos comezaron nesta nova fase: eran Fernando Arbex, Juan Pardo, Antonio Morales Junior e Manolo González. 

O produtor francés Alain Milhaud decidiu crear un grupo que lle fixera a competencia a Los Brincos: coa axuda e asesoramento de Manolo Díaz, formou o grupo (Los Bravos) collendo dous músicos do grupo Los Sonor (Tony Martínez e Manolo García), dous do grupo Los Runaway (Pablo e Miguel) e Mike Kogel. Rodaron dúas películas (“Los chicos con las chicas” e “Dame un poco de amor”) e pouco despois separáronse. 

Outro grupo de éxito sería Los Pasos, formado por Joaquín Torres (guitarra) e Álvaro Nieto, entre outros. 

De Bilbao chegaron a Madrid Los Mitos: un grupo que controlaba moi ben os xogos vocais. O seu vocalista era José Antonio Santisteban decidiu separarse e probar sorte en solitario, cusa que non ocorreu. 

Pic-Nic era outro grupo que durou pouco, pero por outras razóns: eran xente moi xoven que non foi quen de compatibilizar estudos, familia e música. O grupo estaba composto por Jeannette Dimech, unha xoven inglesa de 16 anos que xa estivera antes noutro grupo folk (Brennar´s Group) sen fama. Xunto con Jordi Sabatés e Toti Soler foi un grupo que gravou un único disco cheo de temas folk. 

Púxose de moda a música folk, que xa a comezos da década explotaran Joan Baez, Pete Seeger ou Bob Dylan, e que en España foi promovida polo folklorista vallisoletano Joaquín Díaz. Non era un músico de masas, pois non renunciaba á sinxeleza dos temas tradicionais: “Tres hojitas madre”, “Los campanilleros”, “Oh Sinner Man”, “Si yo fuera rico”... 

Volvendo con Alain Milhaud, outros éxitos internacionais que se lle deben son Los Canarios e os Pop Tops.  

Los Canarios chamábanse Los ídolos cando tocaban nas súas illas, pero despois de firmaren un contrato en EEUU pasaron a chamarse The Canaries. Alí descubriron o retraso de España, que se limitaba a imitar o beat británico, mentres que en América o que facía furor era o soul de Memphis, con Otis Redding, Wilson Pickett e Aretha Franklin coma modelos. O líder da banda era Teddy Bautista, o compositor e cantante. Cando marchou para cumprir o servizo militar o grupo tivo un novo cantante substituíndoo (Pedro Ample), e cambiando a orientación musical do grupo, que pasou a facer soul. Cando Teddy volveu ó grupo, desfixo a formación e deulle unha orientación musical distinta: rock progresivo (chamouse Alcatraz, e gravaría – xa nos setenta - “Ciclos”, unha versión elctrónica das 4 estacións de Vivaldi). 

Os Pop Tops foi outro grupo de éxito, cunha historia distinta. O mesmo produtor, Alain Milhaud, desexoso de lle dar unha proxección internacional ó grupo, escolleu ó grupo Los Tifones, gañador dun Festival de Conjuntos Musicales celebrado en León, e engadíulles o cantante caribeño Phil Trim. Fixeron un un repertorio moi apoiado nos clásicos (unha cantata de Bach pasou a se “La voz del hombre caído”, homenaxeando a Martin Luther King; o Canon de Pachelbel foi a base do seu exitoso “Oh Lord, why Lord”). O grupo grego Aphrodite´s Child botaríalles un pulso co seu tema “Rain and tears”, tamén basado no canon, pero saíron gañadores os gregos, xa que tiñan como vocalista a Demis Roussos e no teclado a Vangelis. 

Ademais de grupos de rock progresivo houbo tamén exitosos grupos que, como Pekenikes, deron un cambio ó seu rumbo artístico pasando a facer música instrumental case exclusivamente desde 1966. Tamén Los relámpagos fixeron coñecidos temas instrumentais. 

Outros grupos de éxito, pouco avanzados xa para estes momentos, son os TNT, Los 3 Sudamericanos, Los Brujos e Los Tamara. 

 

Capítulo 6: As chicas ye-yé

Trala interpretación de Concha Velasco da película “Historias de la televisión” deste tema, composto orixinariamente para Rosalía, todo o mundo lembra a versión fílmica. 

O concepto ye-yé débese ós franceses, que designaban así os xóvenes entusiasmados pola nova música dos Beatles e xa deixaban atrás a Elvis. Nos estribillos soía dicir “yeah, yeah, yeah”, de aí a denominación ye-yé. Sempre se aplicaba ás rapazas rockeiras, nunca ós rapaces. Vestían minifalda, cardaban o cabelo e cantaban os seus amores e desamores. 

Destacamos a granadina Gelu e a xienense Karina, ambas de gran éxito. 

Outras son Adriángela, valenciana; Betina, barcelonesa; Luisita Tenor, zaragozana; Franciska, barcelonesa; Dova, valenciana; Cristina, Silvana Velasco e Gema. 

Aparte quedan as nenas prodixio, como Marisol e Rocío Dúrcal.

 

0 comentarios