Cuestionario sobre la película "The Emperor´s Club", para mis alumnos de Música de 1º bach
Este artículo es un SPOILER: no leas esto si no has visto esta película y tienes intención de hacerlo.
IES Xesús Taboada Chivite
Departamento de Música
Curso 2011-2012
CUESTIONARIO SOBRE UNHA PELÍCULA
“O CLUB DOS EMPERADORES”
Nome e apelidos: ________________________________
Curso e grupo: ___________
1º.- A trama argumental: intenta resumir nun máximo de dez liñas o argumento.
2º.- O tempo: de que maneira se xoga co tempo nesta película? Hai saltos? Cando?
3º.- O alumno conflictivo: Sedgewick Bell.
NA ESCOLA
a) Caracterización do personaxe: como é interiormente?
b) Que tipo de relación cre manter co profesor?
c) De que modo inflúe nos seus compañeiros na escola?
25 ANOS DESPOIS
c) Dirías que é un triunfador ou non? Por que?
d) Ata que punto lle influíu o seu pai?
e) Que comportamento ten cos seus fillos? Por que?
4º.- O pai distante: o senador de West Virginia.
a) Cres que se preocupa realmente do seu fillo? Por que?
b) En que dous momentos lle presta atención? Por que?
c) Que idea ten da educación? E da función do profesor?
d) Cres que ten algo que ver na relación do seu fillo cos seus netos?
5º.- O profesor William Hundert.
a) Que opinión vos merece este profesor, en xeral? Por que?
b) É estricto? É xusto? É ecuánime? Por que / Por que non?
c) Que idea da educación ten este home? Estás dacordo? Por que?
d) Que che pareceu o que lle fixo ó cuarto alumno da lista ó modificar as notas de Bell? Perdonaríalo se foses o alumno perxudicado? Por que / Por que non?
e) Paréceche un home anticuado ou moderno? Por que?
f) Cres que lle deu un trato de favor a Bell ou pareceuche axeitado tdo o que fixo? Por?
6º.- A música nesta película: que papel cres que desempeña a música? Por que?
7º.- Opinión persoal: explica XUSTIFICADAMENTE a túa idea do que debe facer e do que non debe facer un profesor cos seus alumnos, atendendo a estes aspectos:
moldear a personalidade dos alumnos,
transmitirlles asepticamente coñecementos teóricos e prácticos,
ter en conta os condicionamentos externos da vida de cada alumno,
valorar positivamente un comportamento digno e castigar as trampas,
ser extremadamente xusto nas correccións sen modificar NADA os resultados,
ter en conta as capacidades de cada alumno e actuar en consecuencia.
0 comentarios