Modelo de exame da 1ª Avaliación de LPM 1º Bach
IES Xesús Taboada Chivite – Departamento de Música – Curso 2017-2018
MODELO DE EXAME DE LPM 1º Bach – 1ª Avaliación
Nome e apelidos: ________________________________________________
Curso e grupo: _________________
TEORÍA (50%)
1º.- Escolle unha destas preguntas: (1 punto)
a) O aparato fonador: fai un debuxo coas súas partes, explica o seu funcionamento e indica 3 doenzas relacionadas con el.
b) O aparato auditivo: fai un debuxo coas súas partes, explica o seu funcionamento e indica 3 doenzas relacionadas con el.
2º.- Escolle unha destas preguntas: (1 punto)
a) Os tipos vogais masculinos: explícaos, ordénaos de grave a agudo e pon un exemplo de cada.
b) Os tipos vogais femininos: explícaos, ordénaos de grave a agudo e pon un exemplo de cada.
3º.- Escolle unha destas preguntas: (1 punto)
a) Explica o que é a contaminación acústica e pon 3 exemplos cotiás.
b) Explica o que é a AMUSIA e o SÍNDROME DE WILLIAMS, e relaciónaos coa música.
4º.- Escolle unha destas preguntas: (2 puntos)
a) A música popular urbana na España dos anos 60: contexto, tendencias, grupos, artistas.
b) A música popular urbana na España dos anos 70: contexto, tendencias, grupos, artistas.
PRÁCTICA (50%)
5º.- Audicións:
a) Identifica os seguintes tipos vogais: (0, 75 puntos)
Exemplo | Masc ? / Fem ? | Tipo vocal |
Nº 1 |
|
|
Nº 2 |
|
|
Nº 3 |
|
|
b) Identifica as seguintes audicións (título, grupo e década): (1 punto)
Década? | Título? | Grupo? |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
6º.- Le esta letra e analízaa, respondendo ás seguintes preguntas:
No niño novo do vento
hai unha pomba dourada,
meu amigo!
Quén poidera namorala!
Canta ao luar e ao mencer
en frauta de verde olivo.
Quén poidera namorala,
meu amigo!
Ten áers de frol recente,
cousas de recén casada,
meu amigo!
Quén poidera namorala!
Tamén ten sombra de sombra
e andar primeiro de río.
Quén poidera namorala,
meu amigo!
a) Autor do texto e grupo que o versiona. (0, 5 puntos)
b) Interpreta o texto e xustifica a túa interpretación. (0, 5 puntos)
7º.- Completa os seguintes compases con figuras. (0, 75 puntos)
8º.- Completa os seguintes compases con silencios. (0, 5 puntos)
9º.- Analiza esta audición, respondendo as seguintes preguntas:
a) Estrutura. (0, 5 puntos)
b) Tímbrica (instrumentos e voces de cada parte). (0, 5 puntos)
0 comentarios