Traballos para a 2ª avaliación Alumnado de LPM 1º Bacharelato
Partes de cada traballo
a) Música e medios de comunicación. Aquí haberá que analizar o papel da música nun medio, atendendo a un tipo de contido. Serán necesarios TRES exemplos diferentes que apoien a tese do alumno.
b) Música e publicidade. Aquí haberá que reflexionar sobre o papel da publicidade na nosa vida, e moi especialmente sobre o papel da música na publicidade, atendendo a un tipo de anuncio (que variará segundo o destinatario, ou o tipo de produto). Son necesarios CINCO exemplos diferentes.
c) Música e videoxogos. Aquí analizaremos o papel da música no tipo de videoxogo asignado, e serán necesarios CATRO exemplos diferentes, ademais de información que encadre o tema.
d) Música e cinema. Aquí veremos o papel da música na gran pantalla, e teremos que buscar información que encadre o tema e un mínimo de CINCO exemplos.
Estrutura do traballo e plantilla de corrección
O traballo terá esta estrutura:
0.- Índice
1.- Introdución (respondendo a tres preguntas: que fago? como? para que?)
2.- Desenvolvemento
2.1.- Música e imaxe: unha reflexión sobre as relacións entre música e imaxe.
2.2.- Teoría: catro apartados de información sobre os catro temas do traballo.
2.3.- Práctica: todos os exemplos ordenados e sistematizados, coa tese que un quere defender.
3.- Conclusións
4.- Bibliografía e enlaces
A plantilla de corrección é esta:
Presentación 1/10
Opinión 1/10
Bibliografía 1/10
Información 1,5/10
Práctica 3,5/10
Formato 2/10
Lembrade que por cada apartado incompleto se lle restará 0,5/10 ó formato, e se o formato chega a ser 0 o traballo non vale. Necesitamos obter un mínimo dun 4 no traballo para facer media, e ponderará nun 20% da avaliación.
Temas asignados
MARTA RÚA RAMOS
Música e imaxe. A música nos medios de comunicación: radio (informativos). A música na publicidade: anuncios para amas de casa. A música nos videoxogos: aventuras gráficas. A música no cinema: películas de Woody Allen.
PABLO MORAIS NÚÑEZ
Música e imaxe. A música nos medios de comunicación: radio (programas deportivos). A música na publicidade: anuncios para xubilados. A música nos videoxogos: xogos de rol. A música no cinema: comedias románticas francesas.
ALEXANDER PÉREZ RODRÍGUEZ
Música e imaxe. A música nos medios de comunicación: radio (programas de medicina). A música na publicidade: anuncios para adolescentes. A música nos videoxogos: xogos de infiltración. A música no cinema: comedias románticas que non sexan francesas.
ALEJANDRO JUSTO RODRÍGUEZ
Música e imaxe. A música nos medios de comunicación: radio (sorteos e apostas). A música na publicidade: anuncios para os cativos (nenos). A música nos videoxogos: xogos de habilidade. A música no cinema: saga de Torrente.
ISMAEL FIGUEIRA PALOMARES
Música e imaxe. A música nos medios de comunicación: radio (consultorios). A música na publicidade: anuncios para as cativas (nenas). A música nos videoxogos: xogos de deportes que non sexan fútbol. A música no cinema: películas de Lars Von Trier.
JONATHAN FERNÁNDEZ SÁNCHEZ
Música e imaxe. A música nos medios de comunicación: radio (radiofórmulas). A música na publicidade: anuncios para homes de entre 30 e 50. A música nos videoxogos: xogos de fútbol. A música no cinema: películas históricas.
ESTEFANÍA FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ
Música e imaxe. A música nos medios de comunicación: radio (programas relixiosos). A música na publicidade: anuncios para mulleres de entre 30 e 50. A música nos videoxogos: xogos de avenuras e acción dos anos 80. A música no cinema: películas policíacas.
ENRIQUE FERNÁNDEZ PORTELA
Música e imaxe. A música nos medios de comunicación: radio (programas de humor). A música na publicidade: anuncios para estudantes universitarios. A música nos videoxogos: xogos de aventuras e acción dos anos 90. A música no cinema: saga de Harry Potter.
AXEL BLANCO APARICIO
Música e imaxe. A música nos medios de comunicación: radio (magacines). A música na publicidade: anuncios sexistas. A música nos videoxogos: xogos de aventuras e acción do 2000 ó 2009. A música no cinema: saga de O señor dos aneis.
PABLO VEGA DOS SANTOS
Música e imaxe. A música nos medios de comunicación: radio (anuncios publicitarios por radio). A música na publicidade: anuncios racistas. A música nos videoxogos: xogos de aventuras e acción a partires do 2010. A música no cinema: saga Millenium.
ALEJANDRO SUÁREZ HERVELLA
Música e imaxe. A música nos medios de comunicación: radio (tertulias políticas). A música na publicidade: anuncios navideños. A música nos videoxogos: xogos musicais para cantar. A música no cinema: películas de acción norteamericanas.
ALFONSO RUGGIERO GARCÍA
Música e imaxe. A música nos medios de comunicación: televisión (informativos). A música na publicidade: anuncios de “retorno ó cole”. A música nos videoxogos: xogos musicais para tocar instrumentos distintos da guitarra. A música no cinema: películas de ciencia ficción futuristas.
FERNANDO RODRÍGUEZ JIMÉNEZ
Música e imaxe. A música nos medios de comunicación: televisión (documentais). A música na publicidade: anuncios de verán. A música nos videoxogos: xogos musicais para tocar a guitarra. A música no cinema: musicais.
ARANTXA MERODIO FRANCO
Música e imaxe. A música nos medios de comunicación: televisión (programas de deportes). A música na publicidade: anuncios de bricolaxe. A música nos videoxogos: xogos de naves espaciais. A música no cinema: documentais políticos.
CARLOS MARTÍNS LÓPEZ
Música e imaxe. A música nos medios de comunicación: televisión (a predicción meteorolóxica). A música na publicidade: anuncios que crean modas. A música nos videoxogos: xogos baseados en películas. A música no cinema: thrillers non norteamericanos.
ARTURO HERMIDA RODRÍGUEZ
Música e imaxe. A música nos medios de comunicación: televisión (sorteos e apostas). A música na publicidade: anuncios de mascotas. A música nos videoxogos: xogos de pelexa que non sexan o Street fighter. A música no cinema: cine de Hollywood.
RUBÉN GÓMEZ BLANCO
Música e imaxe. A música nos medios de comunicación: televisión (concursos). A música na publicidade: anuncios de concienciación contra o alcohol. A música nos videoxogos: o Street fighter. A música no cinema: cine de Bollywood.
DAVID CHAVES GARCÍA
Música e imaxe. A música nos medios de comunicación: televisión (tertulias políticas). A música na publicidade: anuncios de concienciación contra as drogas. A música nos videoxogos: xogos de coñecementos. A música no cinema: películas sobre músicos ou compositores.
0 comentarios