Blogia
En el río pasan ahogados todos los espejos del pasado

Modelo de examen para mis alumnos de LPM 1º Bach 1 Evaluación

IES Xesús Taboada Chivite – Departamento de Música – Curso 2018-2019

MODELO DE EXAME DE LPM 1º Bach – 1ª Avaliación

Nome e apelidos: ________________________________________________

Curso e grupo: _________________

TEORÍA (50%)

1º.- Escolle unha destas preguntas: (1 punto)

a) O aparato fonador: fai un debuxo coas súas partes, explica o seu funcionamento e indica 3 doenzas relacionadas con el.

b) O aparato auditivo: fai un debuxo coas súas partes, explica o seu funcionamento e indica 3 doenzas relacionadas con el.

2º.- Escolle unha destas preguntas: (1 punto)

a) Os tipos vogais masculinos: explícaos, ordénaos de grave a agudo e pon un exemplo de cada.

b) Os tipos vogais femininos: explícaos, ordénaos de grave a agudo e pon un exemplo de cada.

3º.- Escolle unha destas preguntas: (1 punto)

a) Explica o que é a contaminación acústica e pon 3 exemplos cotiás.

b) Explica o que é a AMUSIA e o SÍNDROME DE WILLIAMS, e relaciónaos coa música.

4º.- Escolle unha destas preguntas: (2 puntos)

a) A música popular urbana na España dos anos 60: contexto, tendencias, grupos, artistas.

b) A música popular urbana na España dos anos 70: contexto, tendencias, grupos, artistas.

PRÁCTICA (50%)

5º.- Audicións:

a) Identifica os seguintes tipos vogais: (0, 75 puntos)

Exemplo

Masc ? / Fem ?

Tipo vocal

Nº 1

 

 

Nº 2

 

 

Nº 3

 

 

 

b) Identifica as seguintes audicións (título, grupo e década): (1 punto)

Década?

Título?

Grupo?

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

6º.- Le esta letra e analízaa, respondendo ás seguintes preguntas:

No niño novo do vento
hai unha pomba dourada,
meu amigo!
Quén poidera namorala!

Canta ao luar e ao mencer
en frauta de verde olivo.
Quén poidera namorala,
meu amigo!

Ten áers de frol recente,
cousas de recén casada,
meu amigo!
Quén poidera namorala!

Tamén ten sombra de sombra
e andar primeiro de río.
Quén poidera namorala,
meu amigo!

a) Autor do texto e grupo que o versiona. (0, 5 puntos)

b) Interpreta o texto e xustifica a túa interpretación. (0, 5 puntos) 

7º.- Completa os seguintes compases con figuras. (0, 75 puntos)

8º.- Completa os seguintes compases con silencios. (0, 5 puntos)

9º.- Analiza esta audición, respondendo as seguintes preguntas:

a) Estrutura. (0, 5 puntos)

b) Tímbrica (instrumentos e voces de cada parte). (0, 5 puntos)

0 comentarios