Blogia
En el río pasan ahogados todos los espejos del pasado

Trabajos para la 2ª Evaluación para mis alumnos de LPM 1º Bach

Partes de cada traballo

a) Música e medios de comunicación. Aquí haberá que analizar o papel da música nun medio, atendendo a un tipo de contido. Serán necesarios TRES exemplos diferentes que apoien a tese do alumno.

b) Música e publicidade. Aquí haberá que reflexionar sobre o papel da publicidade na nosa vida, e moi especialmente sobre o papel da música na publicidade, atendendo a un tipo de anuncio (que variará segundo o destinatario, ou o tipo de produto). Son necesarios CINCO exemplos diferentes.

c) Música e videoxogos. Aquí analizaremos o papel da música no tipo de videoxogo asignado, e serán necesarios CATRO exemplos diferentes, ademais de información que encadre o tema.

d) Música e cinema. Aquí veremos o papel da música na gran pantalla, e teremos que buscar información que encadre o tema e un mínimo de CINCO exemplos.

Estrutura do traballo e plantilla de corrección

O traballo terá esta estrutura:

0.- Índice

1.- Introdución (respondendo a tres preguntas: que fago? como? para que?)

2.- Desenvolvemento

2.1.- Música e imaxe: unha reflexión sobre as relacións entre música e imaxe.

2.2.- Teoría: dous apartados de información sobre os dous temas do traballo.

2.3.- Práctica: todos os exemplos ordenados e sistematizados, coa tese que un quere defender.

3.- Conclusións

4.- Bibliografía e enlaces

A plantilla de corrección é esta:

Presentación 1/10

Opinión 1/10

Bibliografía 1/10

Información 1,5/10

Práctica 3,5/10

Formato 2/10

Lembrade que por cada apartado incompleto se lle restará 0,5/10 ó formato, e se o formato chega a ser 0 o traballo non vale. Necesitamos obter un mínimo dun 4 no traballo para facer media, e ponderará nun 20% da avaliación.

Temas asignados

TEMA Nº 1

Música e imaxe. A música nos medios de comunicación: radio (informativos).  A música nos videoxogos: aventuras gráficas. 

TEMA Nº 2

Música e imaxe. A música nos medios de comunicación: radio (programas deportivos). A música nos videoxogos: xogos de rol. 

TEMA Nº 3

Música e imaxe. A música nos medios de comunicación: radio (programas de medicina).  A música nos videoxogos: xogos de infiltración. 

TEMA Nº 4

Música e imaxe. A música nos medios de comunicación: radio (sorteos e apostas). A música nos videoxogos: xogos de habilidade. 

TEMA Nº 5

Música e imaxe. A música nos medios de comunicación: radio (consultorios).  A música nos videoxogos: xogos de deportes que non sexan fútbol. 

TEMA Nº 6

Música e imaxe. A música nos medios de comunicación: radio (radiofórmulas). A música nos videoxogos: xogos de fútbol. 

TEMA Nº 7

Música e imaxe. A música nos medios de comunicación: radio (programas relixiosos).  A música nos videoxogos: xogos de avenuras e acción dos anos 80. 

TEMA Nº 8

Música e imaxe. A música nos medios de comunicación: radio (programas de humor).  A música nos videoxogos: xogos de aventuras e acción dos anos 90. 

TEMA Nº 9

Música e imaxe. A música nos medios de comunicación: radio (magacines). A música nos videoxogos: xogos de aventuras e acción do 2000 ó 2009. 

TEMA Nº 10

Música e imaxe. A música nos medios de comunicación: radio (anuncios publicitarios por radio). A música nos videoxogos: xogos de aventuras e acción a partires do 2010. 

TEMA Nº 11

Música e imaxe. A música nos medios de comunicación: radio (tertulias políticas).  A música nos videoxogos: xogos musicais para cantar. 

TEMA Nº 12

Música e imaxe. A música nos medios de comunicación: televisión (informativos). A música nos videoxogos: xogos musicais para tocar instrumentos distintos da guitarra. 

TEMA Nº 13

Música e imaxe. A música nos medios de comunicación: televisión (documentais). A música nos videoxogos: xogos musicais para tocar a guitarra. 

TEMA Nº 14

Música e imaxe. A música nos medios de comunicación: televisión (programas de deportes). A música nos videoxogos: xogos de naves espaciais. 

TEMA Nº 15

Música e imaxe. A música nos medios de comunicación: televisión (a predicción meteorolóxica). A música nos videoxogos: xogos baseados en películas. 

TEMA Nº 16

Música e imaxe. A música nos medios de comunicación: televisión (sorteos e apostas). A música nos videoxogos: xogos de pelexa que non sexan o Street fighter. 

TEMA Nº 17

Música e imaxe. A música nos medios de comunicación: televisión (concursos).  A música nos videoxogos: o Street fighter. 

TEMA Nº 18

Música e imaxe. A música nos medios de comunicación: televisión (tertulias políticas). A música nos videoxogos: xogos de coñecementos. 

TEMA Nº 19

Música e imaxe. A música na publicidade: anuncios para os cativos (nenos). A música no cinema: saga de Torrente.

TEMA Nº 20

Música e imaxe.A música na publicidade: anuncios para as cativas (nenas). A música no cinema: películas de Lars Von Trier.

TEMA Nº 21

Música e imaxe. A música na publicidade: anuncios para homes de entre 30 e 50. A música no cinema: películas históricas.

TEMA Nº 22

Música e imaxe. A música na publicidade: anuncios para mulleres de entre 30 e 50. A música no cinema: películas policíacas.

TEMA Nº 23

Música e imaxe. A música na publicidade: anuncios para estudantes universitarios. A música no cinema: saga de Harry Potter.

TEMA Nº 24

Música e imaxe. A música na publicidade: anuncios sexistas. A música no cinema: saga de O señor dos aneis.

TEMA Nº 25

Música e imaxe. A música na publicidade: anuncios racistas. A música no cinema: saga Millenium.

TEMA Nº 26

Música e imaxe. A música na publicidade: anuncios navideños. A música no cinema: películas de acción norteamericanas.

TEMA Nº 27

Música e imaxe. A música na publicidade: anuncios de “retorno ó cole”. A música no cinema: películas de ciencia ficción futuristas.

TEMA Nº 28

Música e imaxe. A música na publicidade: anuncios de verán. A música no cinema: musicais.

0 comentarios