INICIATIVA LEXISLATIVA POPULAR REXEITADA POLA MESA DO PARLAMENTO
"QUEREMOS GALEGO COMEZARÁ A RECOLLER SINATURAS PARA EVIDENCIAR O APOIO SOCIAL Á INICIATIVA LEXISLATIVA POPULAR REXEITADA POLA MESA DO PARLAMENTO
A plataforma asegura que “non vai calar por moito que queira Núñez Feijóo que a sociedade deixe de defender o galego” Queremos Galego estudará respostas xudiciais contra a resoluciónda Mesa do Parlamento, que evidencia “a actitude prepotente dun Partido Popular que teima en non querer escoitar a sociedade”
Santiago de Compostela. 9 de marzo de 2010. A comisión xestora de Queremos Galego compareceu hoxe en conferencia de imprensa para, a través dun dos seus portavoces, Carlos Callón, anunciar as medidas legais e sociais a adoptar logo de a Mesa do Parlamento ter rexeitado por maioría a admisión a trámite da Iniciativa Lexislativa Popular impulsada nos últimos meses desde a plataforma. Esta iniciativa puxérase en andamento a través dunha comisión promotora da que fan parte nomes senlleiros en diferentes ámbitos da vida social e cultural do país, como Manuel Rivas, Avelino Pousa Antelo, Yolanda Castaño, Margarita Ledo, Xurxo Souto, Marica Campo, Kiko da Silva, Xosé Lois “O Carrabouxo” ou Sonia Lebedynski, entre outros. ..."
Leer o texto completo aquí.
TEXTO DA ILP EN:
http://sites.google.com/a/queremosgalego.org/queremos-galego/iniciativa-lexislativa-popular
0 comentarios