Blogia
En el río pasan ahogados todos los espejos del pasado

"Historia del pop y el rock en España. Los años 60 (2/5)"

CONTINUACIÓN DE´LA SERIE DE ARTÍCULOS CON EL MISMO TÍTULO, INFORMACIÓN RESUMIDA Y TRADUCIDA PROCEDENTE DE José María Íñigo y José Ramón Pardo: Una historia del pop y el rock en España. Los 60, Madrid, RTVE Música, 2005.

Capítulo 3: A febre dos grupos 

Nos anos 60 comezaron a proliferar grupos musicais en todas as cidades españolas. Facían versións de cancións coñecidas, e a actividade centrouse en dous focos: Madrid e Barcelona. Por que? Por cuestións demográficas, por seren as cidades de España máis conectadas co mundo exterior e por seren as únicas cidades que posuían selos discográficos (en Barcelona EMI; en Madrid Hispavox, Philips, Zafiro e RCA). En Madrid gravaba discos o Dúo Dinámico, en Barcelona Los Estudiantes. 

Ningún destes grupos vivía do que tocaban. Coa proliferación de actuacións en locais houbo un incremento de grupos. 

En Barcelona aparecen Los Pájaros Locos, que disputaban a primacía con grupos como Sirex (quinteto encabezado polo vocalista Leslie; tiñan moita personalidade, conseguían que todo o que tocaban tivera un selo propio: “La escoba” do mestre Laredo; “Qué bueno, qué bueno”, tema de eurovisión de 1965; “El tren de la Costa”, versión de The Train Kept A Rollin do trío de Johnny Burnette), Mustang (co vocalista Santi Carulla; eran máis ben un grupo versioneiro, facendo temas como “El submarino amarillo” de The Beatles) ou Los Salvajes. Houbo moita rivalidade en Barcelona entre Sirex e Mustang.  

En Madrid a rivalidade daríase entre Los Estudiantes (pioneiros indiscutibles, proviñan do Colegio de la Sagrada Familia, sé da revista falada “Enlace”) e Los Pekenikes (estudaban no Instituto Ramiro de Maeztu e debutaron no seu salón de actos). 

Los Estudiantes chegaron antes ó disco e editaron un EP en 1960 con temas como “La bamba”. Cantante: José Barranco; batería: Fernando Arbex; outros: Luis Arbex, Luis Sartorius, Rafa Aracil. Fixeron varios discos. Pouco despois Luis Sartorius e Fernando Arbex formarían o grupo Los Brincos. 

Los Pekenikes tiveron unha carreira máis longa e produtiva, pero os seus vocalistas variaron moito: Eddy Guzmán, Antonio Morales Junior, Juan Pardo, José Barranco, Felipe Alcover… A base do grupo foi máis estable: irmáns Sainz, Alfonso (saxo), Lucas (guitarra), Tony Luz (guitarra), Ignacio Martín Sequeros (bajo), Pepe Nieto, hedí Guzmán, Pablo Argote, Jorge Matey e Felix Arribas, consecutivamente (batería). 

Isto sen esquecer ó Dúo Dinámico. 

Outros grupos de Madrid son: Los Relámpagos (exitosos coa súa sardana-pop: “Nit de llampecs”, cos componentes: irmáns Sánchez Campins, Pablo Herrero, José Luis Armenteros), Los Tonys (convertido en Micky y los Tonys tras a incorporación de Micky Carreño como vocalista, con Fernando Argenta e Tony Corral- guitarrista de Julio Iglesias dende hai máis de 25 anos-; foron divertidos compositores de cancións desenfadadas), Los Sonor, Los Vándalos (onde debutou Juan Pardo), Continentales, Flaps, Teleko 

Ademais de Madrid e Barcelona aparece un tercer foco de interés: Valencia, co grupo Los Milos. O seu vocalista era Emilio Baldoví. O grupo cambiou de selo discográfico, polo que cambiaron de nome: Los Pantalones Azules (traducción de blue jeans). 

 

Capítulo 4: Festivais de xuventude. A maxia do Price 

Nun tempo no que non existían emisoras especializadas (Os 40 principais aparecería en 1966) a única ocasión de darse a coñecer para os xóvenes grupos rockeiros eran os festivais. Tiñan lugar os domingos pola mañá en todas as cidades de certo nivel adquisitivo (as clases duraban toda a semana ata o sábado pola tarde, así que o único momento de lecer era o domingo). 

Isto, unido ó feito de que cada vez gustaba máis o novo pop e menos os antigos bailes (foxtrot, baladas...) levou consigo que se enchesen os festivais nos que actuaban grupos de pop e rock (eran músicos máis xóvenes e sen cargas familiares nin formación musical, o que os facía máis baratos). 

A xente que ía ás discotecas quería música en directo, xa que para bailar discos xa tiñan na casa. 

El corte inglés foi a primeira gran empresa en percibir os cambios de gustos musicais, e apoiou os festivais musicais, nos que tocaban os cinco grupos máis votados entre as súas ventas de discos. 

Os festivais máis afamados foron os do Circo Price (comezou en 1962). Ás autoridades franquistas non lles gustaba nada ver a tantos xóvenes reunidos, e en 1964 remataron os festivais do Price.

4 comentarios

Alfonso Sentís -

Podríamos crear una polémica.
¿Era mejor el batería de los Sirex o el de los Kiong's Boys?

Mi voto es a favor de Luís de los Sirex.

juanjo -

Eso de que en el San carlos quedo mejor el batería de los kings boys, lo dices tú. Pero era mucho mejor luis el de los sirex.

Marisa Lopez -

Yo también los ví aquel día. Estaba saliendo con el batería, mi padre fue el que hacía el transporte de los instrumentos de Los Sirex y de Los King's Boys.
La actuación de los dos grupos ese día, fue extraordinaria y el pique entre los dos baterías, fantástico. Creo que ganó el de los King's Boys.

Antonio Montero -

Veo que no mencionáis a Los King's Boys uno de los grupos que pude ver creo que en el año 64, en el mítico local San Carlos Club de Barcelona.
Aquel día actuaron los King's Boys y los Sirex, con una genial exibición del batería de los King's Boys.
Yo ya entendía de música bastante, en aquel entonces y quedé impresionado no sólo por el batería sino también por el bajista de los King's Boys.
Grabaron varios discos, alguno de los cuales conservo en mi poder.
Un grupo extraordinario que no merece que se le olvie.
Antonio Montero