Blogia
En el río pasan ahogados todos los espejos del pasado

Información para alumnos con Música pendiente

Información para alumnos con Música pendiente

IES Xesús Taboada Chivite

Departamento de Música

Curso 2011-2012

 

ALUMNOS CON MATERIAS PENDENTES

 

MÚSICA 2º ESO

 

Para superar a materia pendente de 2º ESO, os alumnos do seguinte listado deberán facer un traballo na 1ª avaliación e outro na 2ª. No caso de que os dous traballos estean correctamente realizados, a materia considerarase superada.

 

No caso de non entregar os traballos no prazo proposto, ou de entregar uns traballos incorrectamente resoltos, deberán superar o exame de maio.

 

- Shaila Alonso (3º ESO A) - Marcos Feijóo (3º ESO C)

- Iván Feijóo (3º ESO A) - Marta Fernández (3º ESO C)

- Abel López (3º ESO A) - Luis Dopeso (3º ESO D)

- Vanesa Cordeiro (3º ESO B) - Joao Ferreira (3º ESO D)

- Jose David Gil (3º ESO B) - Eduardo Nogueira (3º ESO D)

- Yaíza Martínez (3º ESO B) - Alba Rodríguez (4º ESO D)

 

O traballo para a 1ª avaliación, que deberán entregar antes do 13 de decembro, é o seguinte cuestionario:

 

1º.- As calidades do son. Explícaas e pon exemplos.

2º.- Os instrumentos da orquestra (I): A familia de corda fretada. Indica cales son os seus compoñentes e explica o seu funcionamento.

3º.- Os instrumentos da orquestra (II): A familia de vento madeira. Indica cales son os seus compolentes e explica o seu funcionamento.

4º.- Os instrumentos da orquestra (III): A familia dos membranófonos. Indica cales son os seus compoñentes e explica o seu funcionamento.

5º.- Clasifica os seguintes instrumentos musicais: maracas, timbal, acordeón, piano, clave, trompa, viola, guitarra, saxofón, clarinete, trompeta, violonchelo.

6º.- Explica os seguintes xéneros musicais: ópera, zarzuela, opereta, lied, madrigal.

7º.- Busca información sobre Franz Schubert: vida e obra. En que época viviu? Con que outros grandes compositores e músicos coincidiu no tempo?

8º.- Escribe a táboa das equivalencias: figuras, silencios.

9º.- Compón un exercicio de 8 compases de ¾ nos que combines axeitadamente distintas figuras e silencios, empregando tamén os signos de prolongación.

10º.- Fai unha breve redacción na que fales do teu grupo de música favorito. Mínimo 120 palabras.

 

 

IES Xesús Taboada Chivite

Departamento de Música

Curso 2011-2012

 

ALUMNOS CON MATERIAS PENDENTES

 

 

MÚSICA 3º ESO

 

Para superar a materia pendente de 3º ESO, os alumnos do seguinte listado deberán facer un traballo na 1ª avaliación e outro na 2ª. No caso de que os dous traballos estean correctamente realizados, a materia considerarase superada.

 

- Noemí Álvarez (4º ESO B)

- Judit González (4º ESO B)

- David Bóo (4º ESO C)

- Javier do Nascimento (4º ESO C)

- Jeannet Martínez (4º ESO C)

 

No caso de non entregar os traballos no prazo proposto, ou de entregar uns traballos incorrectamente resoltos, deberán superar o exame de maio.

 

O traballo para a 1ª avaliación, que deberán entregar antes do 13 de decembro, é o seguinte cuestionario:

 

 

1º.- A música na Antigüidade clásica grecolatina: Grecia e Roma. Instrumentos.

2º.- A música medieval (I): trovadores, xograres, goliardos. A lírica provenzal. Tipos de canción.

3º.- A música medieval (II): o canto gregoriano. Características.

4º.- A música renacentista (I): Palestrina e a polifonía romana.

5º.- A música renacentista (II): a música instrumental. Organoloxía e xéneros.

6º.- A música barroca (I): o nacemento da ópera. A camerata florentina dos Bardi.

7º.- A música barroca (II): a música protestante. Cantata, oratorio e paixón. Bach.

8º.- A música barroca (III): os tipos de concerto. Concerto solista, concerto grosso, concerto policoral. Vivaldi e “As catro estacións”. Bach e os 6 “Concertos de Brandenburgo”.

9º.- A música clásica (I): As sinfonías de Haydn e Mozart.

10º.- A música clásica (II): Os cuartetos de corda de Haydn e Beethoven.

0 comentarios