Blogia
En el río pasan ahogados todos los espejos del pasado

Modelo de examen para mis alumnos de "Música 1º Bachillerato", 2ª evaluación

Modelo de examen para mis alumnos de "Música 1º Bachillerato", 2ª evaluación

Sé que el examen es laaaaaaargo, pero tenéis hasta 2 horas para realizarlo, así que no os preocupéis. Inlcuso podríamos ampliar un poco más el tiempo si os veis apurados.

IES Xesús Taboada Chivite - Departamento de Música - Curso 2013-2014

EXAME DE “MÚSICA 1º BACHARELATO” 2ª AVALIACIÓN

Nome e apelidos: ________________________________________

Curso e Grupo: __________

A) TEORÍA (15/50 puntos)

1º.- Fundamentos compositivos: explica os catro principais e pon un exemplo de cada. (2 puntos)

2º.- Compara: (2 puntos)

a) Música popular e música chamada culta (1 punto)

b) Música popular tradicional e música popular urbana (1 punto)

3º.- Define os conceptos “apolíneo” e “dionisíaco”. Relaciónaos cos diferentes períodos da historia das artes, ordeándoos cronoloxicamente. Menciona un gran compositor de cada período. (3 puntos)

4º.- Define, pon un exemplo de cada e sitúa na súa época os seguintes xéneros vocais: ensalada, “género chico”, secuencia, madrigal, motete isorrítmico, oratorio, villancico e opereta. (4 puntos)

5º.-  Escolle dúas destas preguntas e explícaas polo miúdo, con exemplos: (4 puntos)

a) O cinema español na década dos 20. Luis Buñuel e as vangardas.

b) O cinema español durante a ditadura franquista.

c) O cinema español nos 80. Pedro Almodóvar e a movida madrileña.

B) PRÁCTICA (35/50 puntos)

6º.- Audición: (11 puntos)

a) Identifica o procedemento compositivo que vertebra esta audición, así como a súa forma musical. (2 puntos)

b) Identifica o ritmo das seguintes dúas audicións, indicando se se trata de bachata, salsa ou merengue. (1 punto)

c) Identifica os instrumentos da orquesta que interveñen en cada unha destas catro audicións, clasificándoos na súa familia orquestal. (2 puntos)

d) Identifica as dúas seguintes variacións da Guía de orquesta para xoves de Benjamin Britten. Para que instrumento(s) está dedicada? (2 puntos)

e) Identifica os dous seguintes instrumentos, pouco comúns, vistos en clase, e di o que saibas deles. (1 puntos)

f) Analiza estrutural e tímbricamente a seguinte audición. (2 puntos)

g) Dictado melódico: representa graficamente as seguintes catro liñas melódicas. (1 punto)

7º.- Análise: na partitura adxunta, identifica os seguintes aspectos: (6 puntos)

a) Frases musicais: inicios e finais de frase. (2 puntos)

b) Tonalidades posibles e tonalidade que ten. (2 puntos)

c) Textura. (2 puntos)

8º.- Composición: escolle unha destas dúas opcións: (3 puntos)

a) unha PASSACCAGLIA: en sol menor, 4/4, dous ciclos de oito compases cada un, con ritmos diferentes e a estrutura harmónica I-IV-VII-III-VI-II-V-I;

b) una FOLIA: en re menor, ¾, tres ciclos de oito compases cada un, con ritmos diferentes e a estrutura harmónica I-V-I-VII-III-VII-I-V.

9º.- Análise de letras: le esta letra e responde as seguintes cuestións: (3 puntos)

Como en cualquier amor
el primer mes fue el bueno
y pronto, pronto desapareció el placer.
Tu solo nombre avivaba en mí el deseo
que alimentabas con un agujero nuevo.

Pero después aquel temblor
bañado por el agua del sudor
mil veces intenté aguantar,
mil veces más te tuve que buscar.


Te encontré en los callejones
y en los lúgubres rincones
de mi ciudad.

a) Cal é o tema desta letra? Xustifica a túa resposta. (1 punto)

b) Estrutura métrica da letra: rima e cómputo silábico. (1 punto)

c) Explica e identifica a figura retórica do fragmento en negriña.  (1 punto)

10º.- Linguaxe musical: (12 puntos)

a) Identifica as seguintes tonalidades maiores e menores das seguintes armaduras: 2 sostidos, 3 bemoles, 5 sostidos, 6 bemoles. (4 puntos)

b) Escribe a armadura das seguintes tonalidades: re bemol maior, si menor, fa maior, la sostido menor. (2 puntos)

c) Escribe nun pentagrama e identifica os seguintes intervalos melódicos ascendentes: fa-si, do-mi bemol, re-la sostido, si bemol-fa. (2 puntos)

d) Constrúe os seguintes intervalos, escribindo a segunda nota a partir de RE (4ª liña): melódicos (4ª xusta descendente, 6ª menor descendente) e harmónicos (8ª disminuída descendente, 7ª maior descendente). (4 puntos)

0 comentarios