Modelo de examen para el tema 1 HMD 2º Bachillerato
IES Xesús Taboada Chivite – Departamento de Música – Curso 2018-19
Historia da música e da danza (HMD) 2º Bacharelato
Modelo de Exame Tema 1: A Música na Antigüidade e na Idade Media
Nome e apelidos: _______________________________________________
Curso e Grupo: __________________
1º.- A música na Antigüidade: escolle e contesta unha destas preguntas. (2 puntos)
a) A teoría do éthos. Que defende? Que consideración lles mereceu a Platón e a Aristóteles? Que disciplina terapéutica se basea nela? Explica o mito de Orfeo e Eurídice e relaciónao coa teoría anterior.
b) Define os conceptos apolíneo e dionisíaco aplicados á arte. Explica a evolución dos períodos artísticos relacionándoos con ditas definicións.
2º.- A música vocal relixiosa medieval: escolle e contesta unha destas preguntas. (1 punto)
a) Características musicais do canto gregoriano. Tipos de canto.
b) O octoechos latino: explica os oito modos gregorianos, indicando os seus nomes, a finalis e a tenor.
3º.- A música vocal profana medieval: escolle e contesta unha destas preguntas. (1 punto)
a) Tipos de canción segundo a súa forma e segundo o seu contido.
b) Os cantores do amor. Explica tamén as principais características do amor cortés.
4º.- Busca neste texto as características do amor cortés e di a que xénero pertence: (1 punto)
5º.- A primitiva polifonía medieval: explica os tipos que hai e pon exemplos. (1 punto)
6º.- Escolle unha destas preguntas e respóndea. (1 punto)
a) Ars Antiqua. Periodización. Autores, xéneros, obras.
b) Ars Nova. Periodización. Autores, xéneros, obras.
7º.- A misa romana. Partes musicais máis relevantes. (1 punto)
8º.- Formas paralitúrxicas: tropos e secuencias. (1 punto)
9º.- Define: A CAPELLA, MOTETE ISORRÍTMICO, FORMA FIXA, CANTO SALMÓDICO RESPONSORIAL. (1 punto)
0 comentarios