Blogia
En el río pasan ahogados todos los espejos del pasado

Trabajos de HMD para el tema 3 (Barroco)

IES Xesús Taboada Chivite – Departamento de Música – Curso 2019-20
TRABALLOS PARA O TEMA 3: O BARROCO
CAPÍTULO 1
Tema 1: Comparación estilística entre a música renacentista e a barroca.
Tema 2: Fases da música barroca. Periodización.
CAPÍTULO 2
Tema 3: O primeiro barroco en Italia. Os comezos do estilo concertato: Gabrieli.
Tema 4: O primeiro barroco en Italia. A monodia: Peri e Caccini.
Tema 5: O primeiro barroco en Italia. A transformación do madrigal: Monteverdi.
Tema 6: O primeiro barroco en Italia. A emancipación da música instrumental: Frescobaldi.
Tema 7: O primeiro barroco en Italia. O nacemento da ópera: Monteverdi.
Tema 8: O primeiro barroco en Italia. Tradición e evolución na música sacra.
CAPÍTULO 3
Tema 9: Os barrocos primeiro e medio nos Países septentrionais. A escola dos Países Baixos e o seu entorno inglés. O estilo instrumental puro.
Tema 10: Os barrocos primeiro e medio nos Países septentrionais. O motete coral e o concertato coral: Schein.
Tema 11: Os barrocos primeiro e medio nos Países septentrionais. O concertato dramático: Schütz.
Tema 12: Os barrocos primeiro e medio nos Países septentrionais. O lied con continuo, a ópera e o oratorio.
Tema 13: Os barrocos primeiro e medio nos Países septentrionais. A música instrumental: Scheidt.
CAPÍTULO 4
Tema 14: A música italiana do barroco medio. A cantata de cámara: Luigi Rossi e Carissimi.
Tema 15: A música italiana do barroco medio. O oratorio: Carissimi e Stradella.
Tema 16: A música italiana do barroco medio. A escola de ópera veneciana.
Tema 17: A música italiana do barroco medio. A música instrumental: a escola de Bolonia.
CAPÍTULO 5
Tema 18: A música francesa baixo o absolutismo. O ballet de cour.
Tema 19: A música francesa baixo o absolutismo. A Comédie-Ballet e a Tragédie Lyrique: Lully.
Tema 20: A música francesa baixo o absolutismo. As pezas breves para laúde e a música de teclado: Gaultier e Chambonières.
CAPÍTULO 6
Tema 21: A música inglesa durante os períodos da Commonwealth e a Restauración. A mascarada e a ópera inglesa: Lawes e Blow.
Tema 22: A música inglesa durante os períodos da Commonwealth e a Restauración. A música de consort: Jenkins e Simpson.
Tema 23: A música inglesa durante os períodos da Commonwealth e a Restauración. A música da igrexa anglicana: Porter, Humfrey e Blow.
Tema 24: A música inglesa durante os períodos da Commonwealth e a Restauración. Henry Purcell, o xenio da Restauración.
CAPÍTULO 7
Tema 25: O barroco tardío: a exuberancia do contrapunto e o estilo de concerto. O concertó grosso e o concerto para solista.
Tema 26: O barroco tardío: a exuberancia do contrapunto e o estilo de concerto. A sonata para conxunto e a sonata para solista.
Tema 27: O barroco tardío: a exuberancia do contrapunto e o estilo de concerto. A ópera seria e a ópera buffa; a cantata e a música sacra.
Tema 28: O barroco tardío: a exuberancia do contrapunto e o estilo de concerto. O barroco tardío e o estilo rococó en Francia.
Tema 29: O barroco tardío: a exuberancia do contrapunto e o estilo de concerto. Música para conxunto e para clavecín.
Tema 30: Fusión dos estilos nacionais no Barroco. Haendel. 
Indicacións a ter en conta:
a) Temas de traballo: están extraídos dos sete primeiros capítulos do libro BUKOFZER, Manfred (2000). La música en la época barroca, Madrid, Alianza Editorial: arte y música.
Capítulo 1: Música renacentista versus música barroca.
Capítulo 2: O primeiro barroco en Italia.
Capítulo 3: Os barrocos primeiro e medio nos Países septentrionais.
Capítulo 4: A música italiana do barroco medio.
Capítulo 5: A música francesa baixo o absolutismo.
Capítulo 6: A música inglesa durante os períodos da Commonwealth e a Restauración.
Capítulo 7: O barroco tardío: a exuberancia do contrapunto e o estilo de concerto.
b) Estrutura do traballo: o traballo terá a seguinte estrutura formal
Portada: Título do traballo, nome e apelidos do/a alumno/a, clase e grupo.
0.- Índice
1.- Introdución (que fago neste traballo? Como? Para que?)
2.- Desenvolvemento
            2.1.- Contextualización do tema
            2.2.- Teoría
            2.3.- Práctica (análise musical dunha audición ou partitura do tema)
3.- Conclusións (que me aportou este traballo? Ou breve resumo)
4.- Bibliografía (mínimo 4 fontes consultadas)
Táboa de corrección:
Presentación 1/10
Información 3/10 (puntos 2.1. e 2.2.)
Práctica 2/10 (punto 2.3.)
Opinión 1/10 (puntos 1 e 3)
Bibliografía 1/10 (punto 4)
Formato 2/10 (por cada apartado incompleto ou inexistente restaráselle 0,5 ó formato, que de ser nalgún caso igual ou inferior a 0 invalidará o traballo)

0 comentarios