Modelo de trabajo para la 2ª evaluación, alumnos de 1º Bachillerato

Aquí os copio el modelo de trabajo de evaluación para los alumnos de 1º bach con Música. Recordad que está basado en la lectura de un libro de temática musical y en un tema monográfico que en cada caso será diferente.
IES Xesús Taboada Chivite - Departamento de Música - Curso 2011-2012
MÚSICA 1º BACHARELATO – Traballo da 2ª avaliación
1º) PREGUNTAS SOBRE A NOVELA SETTECENTO
a) Datos externos da obra
- O escritor: Quen é o autor? Que outras obras escribiu? Busca información detallada.
- O tema: Que outras novelas tratan o tema da música barroca na Italia dos séculos XVII-XVIII?
b) Datos internos da obra:
- Argumento: que sucede na novela? Explicao detalladamente, nomeando os principais personaxes e deixando clara a relación que teñen entre sí.
- Caracterización destes personaxes na novela: O MESTRE VIVALDI, LEO, GIACOMMO, CHARPENTIER. Que papel desenvolven na trama? Como remata cada un deles? Que relación ten cos protagonistas?
- Antetextos: sitúa estes fragmentos na liña argumental da obra e indica que sucede xusto nese intre, xusto antes e xusto despois. Dá moitos detalles para demostrares que liches a novela.
2º) INFORMACIÓN MUSICAL
a) Datos históricos
- O contexto histórico: Busca información sobre o Barroco musical en Europa: crenzas, relixións, filosofía, ideoloxía política.
- A ópera no Barroco: Busca información sobre as orixes da ópera e os seus principais representantes.
- A vida de Vivaldi: Busca información sobre a vida de Vivaldi. Conta algunha anécdota.
b) Tema propio: (A cada un tocaralle un tema distinto)
- Información: Busca información sobre o tema que che toque, contextualizándoo histórica e musicalmente.
- Práctica: Analiza unha peza musical pertencente o estilo ou autor do teu tema de traballo, dando conta da estrutura musical e dos instrumentos que interveñen em cada parte.
- Conclusións e bibliografía: Intenta redactar unhas conclusións xerais ó teu traballo, RELACIONANDO o teu tema específico co que se conta na novela, dando a túa opinión ó respecto e ditando um mínimo de 3 fontes bibliográficas consultadas (2 das cales – polo menos - teñen que ser obrigatoriamente libros).
0 comentarios